ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
Poden os xogos olímpicos unir realmente as persoas? O que di a Biblia
Durante os xogos olímpicos de 2024, calcúlase que uns cinco mil millóns de persoas verán competir os deportistas dos 206 países participantes. Thomas Bach, o presidente do Comité Olímpico Internacional, dixo: “Somos parte dun evento que une o mundo en paz. Celebremos o espírito olímpico de vivir a vida en paz, como unha soa humanidade unida en toda a nosa diversidade”.
Poden os xogos olímpicos alcanzar estes obxectivos tan nobres? Poderemos algún día ter verdadeira paz e unidade?
Poden traer paz e unidade?
Este ano, os xogos olímpicos fixeron pensar as persoas en algo máis que en deporte. Destacaron conflitos sociais e políticos que dividen as persoas, por exemplo, en relación ós dereitos humanos, ó racismo, á discriminación relixiosa e á desigualdade.
Moitos cren que competicións deportivas internacionais, coma os xogos olímpicos, conseguen que a xente se entreteña e desfrute. En cambio, estes eventos tamén promoven actitudes e accións que, en lugar de traer paz e unidade, dividen as persoas.
A Biblia predixo que hoxe en día as persoas se comportarían dun xeito que faría difícil conseguir que o mundo estivese unido (2 Timoteo 3:1-5). Para saber máis sobre esta profecía da Biblia, le o artigo “Predixo a Biblia como sería a xente hoxe en día?”.
Unha esperanza real dun mundo unido e en paz
A Biblia dános unha esperanza real de conseguir unidade e paz por todo o mundo. Promete que as persoas de toda a Terra estarán unidas baixo un goberno celestial, o “Reino de Deus” (Lucas 4:43; Mateo 6:10).
O Rei dese Reino, Xesucristo, traerá paz ó planeta. A Biblia di:
“O xusto florecerá, e haberá paz en abundancia” (Salmo 72:7, TNM).
“El librará ó pobre que suplica [...] rescataraos da inxuria [ou violencia] e da opresión” (Salmo 72:12, 14).
Xa hoxe en día, as ensinanzas de Xesús uniron a millóns de persoas de 239 países. Coma cristiáns, as testemuñas de Xehová de todo o mundo aprendemos a ser pacíficos. Para saber como, le o número da revista La Atalaya titulado “Rompamos el ciclo del odio”.