Ir ó contido

Ir ó índice

Francesco Carta fotografo/Moment via Getty Images

A soidade, un problema en aumento. O que di a Biblia

A soidade, un problema en aumento. O que di a Biblia

 Segundo un informe a recente, unha de cada catro persoas séntese soa.

  •   “O illamento social pode afectar a calquera persoa, de calquera idade e de calquera lugar” (Chido Mpemba, copresidenta da Comisión da Organización Mundial da Saúde sobre a Conexión Social).

 Ó contrario do que moita xente cre, a soidade non só é cousa de persoas maiores ou illadas. Tamén está afectando a xuventude, a persoas con boa saúde, a persoas que teñen éxito e incluso a matrimonios. O illamento social e a soidade poden causar serios problemas na saúde física e emocional dunha persoa.

  •   “A soidade é moito máis que un sentimento negativo [...]. Estar socialmente desconectado ten un impacto na mortalidade similar ó causado por fumar ata 15 cigarros ó día”, explica o doutor Vivek Murthy, cirurxián xeral dos Estados Unidos.

O que di a Biblia

 O noso creador non quere que esteamos illados socialmente. Deus sempre quixo que os seres humanos desfrutásemos de boa compañía.

  •   Principio bíblico: “Deus pensou: —‘Non está ben o home só’” (Xénese 2:18).

 Deus quere que cheguemos a ser os seus amigos. Por iso promete que vai estar cerca de nós, sempre e cando nos esforcemos por estar cerca del (Santiago 4:8).

  •   Principio bíblico: “Felices os que recoñecen que necesitan a guía de Deus, porque deles é o Reino dos ceos” (Mateo 5:3).

 Deus quere que o adoremos xunto con outras persoas. Facer isto vainos axudar emocionalmente.

  •   Principio bíblico: “Considerémonos uns ós outros de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e para as boas obras. E non faltedes endexamais á nosa reunión [...], senón que nos animemos uns ós outros” (Hebreos 10:24, 25).

 Se queres saber máis sobre a importancia de intentar evitar a soidade, lee o artigo “Soledad en la era de la comunicación”.

a The Global State of Social Connections, by Meta and Gallup, 2023.