Ir ó contido

Ir ó índice

Kim Steele/The Image Bank via Getty Images

Que fará o Reino de Deus cos problemas económicos?

Que fará o Reino de Deus cos problemas económicos?

 Moitas persoas en todo o mundo loitan por chegar a fin de mes, xa que cada vez é máis difícil gañar os cartos necesarios para vivir.

  •   Segundo un informe recente, a os salarios mensuais están caendo en moitos países. Este mesmo informe advirte que se non se fai nada haberá un aumento da desigualdade e diminuirá o nivel de vida dos traballadores e as súas familias.

 Serán capaces os gobernos de solucionar esta crise económica ou, polo menos, de mellorar a situación?

 A Biblia fala dun goberno que pode e que vai resolver tódolos problemas económicos, incluída a desigualdade. Nela explícase que “o Deus do ceo suscitará [ou establecerá] un reino”, é dicir, un único goberno que se encargará de xestionar tódolos asuntos da Terra (Daniel 2:44). Baixo este goberno, non se esquecerá nin abandonará a ninguén (Salmo 9:19 [9:18, TNM]). O Reino de Deus asegurarase de que os seus cidadáns teñan o que necesitan para ser felices. Todos desfrutarán do seu traballo (Isaías 65:21, 22).

a Informe mundial sobre salarios 2022-2023, da Organización Internacional do Traballo.