Ir ó contido

Ir ó índice

TheCrimsonMonkey/E+ via Getty Images

Que fará o Reino de Deus cos problemas medioambientais?

Que fará o Reino de Deus cos problemas medioambientais?

 “A emerxencia climática está causando enormes problemas a persoas, cidades e ecosistemas. As fortes tormentas, que cada vez son máis devastadoras, están destruíndo as casas e o medio de vida das persoas arredor do mundo. Os ecosistemas oceánicos estanse quentando e, como resultado, é posible que moitas especies non sobrevivan” (Inger Andersen, subsecretaria xeral das Nacións Unidas e directora executiva do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, 25 de xullo de 2023).

 Serán capaces os gobernos de traballar unidos para resolver estes problemas que afectan a todo o planeta? Poderán atopar unha solución definitiva?

 A Biblia fala dun goberno que pode e vai resolver tódolos problemas medioambientais do planeta. Nela explícase que “o Deus do ceo suscitará [ou establecerá] un reino” que se encargará de xestionar tódolos asuntos da Terra (Daniel 2:44). Baixo este goberno ninguén “será malvado nin fará o mal” a outros nin ó planeta (Isaías 11:9).