Ir ó contido

Ir ó índice

sinceLF/E+ via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Quen salvará os civís? O que di a Biblia

Quen salvará os civís? O que di a Biblia

 A Organización das Nacións Unidas informou o seguinte:

  •   Do 7 ó 23 de outubro de 2023, no conflito entre Gaza e Israel perderon a vida máis de 6400 persoas e 15.200 resultaron feridas, a maioría delas civís. Ademais, centos de miles de persoas tiveron que abandonar os seus fogares.

  •   A causa da guerra entre Rusia e Ucraína, ata o 24 de setembro de 2023, os mortos entre a poboación civil de Ucraína ascenderon a 9701 e os feridos a 17.748.

 Que esperanza dá a Biblia a tódolos que sofren por culpa da guerra?

Hai razón para ter esperanza

 A Biblia predí que Deus acabará “coas guerras por toda a terra” (Salmo 46:9, TNM). Usará un goberno celestial, ou reino, para substituír os gobernos humanos (Daniel 2:44). O Reino de Deus solucionará tódolos problemas da humanidade.

 Fíxate no que fará Xesucristo, o Rei do Reino de Deus:

  •   “El librará ó pobre que suplica, ó aflixido que está sen axuda. Terá piedade dos febles e indixentes, salvará a vida dos pobres; rescataraos da inxuria e da opresión” (Salmo 72:12-14).

 Grazas ó seu Reino, Deus eliminará por completo a miseria e o sufrimento causados polas guerras e a violencia.

  •   “E secaralles toda lágrima dos seus ollos, e a morte xa non existirá, nin haberá máis tristeza nin pranto nin dor. As cousas anteriores desapareceron” (Apocalipse 21:4, TNM).

 Pronto o Reino de Deus intervirá no que ocorre na Terra. A Biblia xa predixera as “guerras e [...] noticias de guerras” que vemos hoxe en día (Mateo 24:6). Estes e outros acontecementos indican que estamos vivindo “nos días derradeiros” dos gobernos humanos (2 Timoteo 3:1).