Ir ó contido

Ir ó índice

Anna Moneymaker/Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Os científicos adiantan o Reloxo do Xuízo Final. O que di a Biblia

Os científicos adiantan o Reloxo do Xuízo Final. O que di a Biblia

 O martes 24 de xaneiro de 2023, os científicos adiantaron aínda máis o Reloxo do Xuízo Final a, que representa o tempo que queda ata que chegue a fin do mundo. Agora está máis cerca da medianoite.

  •   “Este martes, o ‘Reloxo do Xuízo Final’, que simboliza a situación tan perigosa na que se encontra a humanidade, acercouse máis ca nunca antes á medianoite debido á guerra en Ucraína, ás tensións nucleares e á crise climática” (AFP International Text Wire).

  •   “Os científicos informaron este martes de que se moveu o ‘Reloxo do Xuízo Final’ e de que agora está a 90 segundos da medianoite. A humanidade nunca estivo tan cerca do harmaguedón” (ABC News).

  •   “Un grupo internacional de científicos advertiu de que a existencia da humidade corre máis perigo ca nunca antes” (The Guardian).

 Estase acercando o fin da humanidade e do noso planeta? Temos que ter medo do que pase no futuro? Que di a Biblia?

Que vai pasar no futuro?

 A Biblia di que a Terra nunca deixará de existir e que haberá persoas que “habitarán nela para sempre” (Eclesiastés 1:4; Salmo 37:29). Por iso sabemos que os seres humanos non destruirán o noso planeta nin farán que sexa un lugar onde non se poida vivir.

 Pero a Biblia si que fala dunha fin do mundo. Por exemplo, di que “o mundo pasa” (1 Xoán 2:17).

Como manter un punto de vista positivo?

 A Biblia pode axudarnos a manter un punto de vista positivo a pesar dos problemas que hai no mundo. De que maneira?

  •    A Biblia dános consellos prácticos (2 Timoteo 3:16, 17). Por exemplo, para ver como che pode axudar a manter unha actitude positiva a pesar dos problemas da vida, le o artigo “Onde podo atopar esperanza?”.

  •   A Biblia dános unha esperanza segura (Romanos 15:4). Explícanos con exactitude o que podemos esperar agora e no futuro. Isto axúdanos a manter a confianza ó facerlle fronte ós acontecementos mundiais.

 Para sacarlle o máximo partido á Biblia, invitámoste a probar as nosas clases particulares gratuítas da Biblia.

a “O Reloxo do Xuízo Final é un símbolo que advirte a xente do cerca que estamos de destruír o mundo, usando a tecnoloxía que creou o ser humano. Esta metáfora recórdanos a que problemas temos que facerlles fronte se queremos seguir vivindo neste planeta” (Bulletin of the Atomic Scientists).