Ir ó contido

Ir ó índice

Rematará algún día a corrupción dos gobernos?

Rematará algún día a corrupción dos gobernos?

 A corrupción dos gobernos é un problema global con consecuencias moi negativas. a Por exemplo, durante a pandemia da COVID-19, moitos funcionarios nun país tras outro foron acusados de enriquecerse cos cartos destinados a loitar contra a pandemia. Por iso, moita xente non puido recibir a atención sanitaria que necesitaba. Semellante corrupción causoulle o sufrimento e a morte a moitas persoas.

 Pero os efectos da corrupción aínda van máis aló. David Cameron, o ex-primeiro ministro do Reino Unido, dixo o seguinte: “A corrupción é unha gran rede enrevesada, e tódolos países están atrapados nela”.

 Pero podemos estar seguros de que pronto toda a corrupción acabará. Como o sabemos? Mira o que nos promete Deus na Biblia.

Por que sabemos que Deus vai acabar coa corrupción?

 A Biblia recolle a seguinte promesa de Deus: “Pois eu son o Señor, que amo a xustiza, (e) aborrezo o roubo malvado” b (Isaías 61:8). Deus está moi pendente de tódalas persoas que están sufrindo por culpa dos actos corruptos doutros (Proverbios 14:31). El failles esta promesa: “Pola opresión das persoas que sofren, [. . .] levantareime e actuarei” (Salmo 12:5, TNM).

 Entón, que vai facer Deus? En vez de mellorar os gobernos actuais, el vai substituílos co seu goberno celestial, o “Reino de Deus” (Marcos 1:14, 15; Mateo 6:10). A Biblia explica que “o Deus do ceo suscitará un reino que [. . .] destruirá e acabará con todos estes reinos, e el subsistirá para sempre” (Daniel 2:44). Así que Deus acabará con toda a corrupción que vemos hoxe en día.

Un goberno sen corrupción

 Como sabemos que o Reino de Deus non se volverá corrupto co tempo? Pensa no seguinte:

  1.  1. O seu poder. Deus é quen lle dá o poder a ese Reino (Apocalipse 11:15).

     Por que é importante? Os gobernos humanos dependen dos cartos dos cidadáns. A miúdo, isto crea oportunidades para o suborno, o roubo e a manipulación. Pola contra, o Reino de Deus conta co apoio do Deus Todopoderoso. Iso dános a garantía de que sempre poderá darlles ós seus súbditos o que necesiten (Salmo 145:16).

  2.  2. O seu gobernante. Deus escolleu a Xesús como gobernante do Reino (Daniel 7:13, 14).

     Por que é importante? Ata o mellor dos gobernantes humanos está exposto a malas influencias (Eclesiastés 7:20). Pero Xesús demostrou con feitos que non se lle pode subornar (Mateo 4:8-11). El sempre actúa motivado por un amor real e un interese sincero polos seus súbditos (Salmo 72:12-14).

  3.  3. As súas leis. As leis do Reino de Deus son perfectas e reconfortan a tódalas persoas que as obedecen (Salmo 19:8, 9 [19:7, 8, TNM]).

     Por que é importante? Moitas das leis humanas son complexas e difíciles de aplicar. Iso pode favorecer a corrupción. Pero as leis de Deus son prácticas e benefíciannos moito (Isaías 48:17, 18). Ademais, estas leis non só se relacionan co que facemos, senón tamén coas nosas motivacións (Mateo 22:37, 39). Por suposto, Deus pode ver o que hai nos corazóns e, cando fai que se cumpran as súas leis, asegúrase de que se demostre compaixón (Xeremías 17:10).

 Invitámoste a descubrir o que promete a Biblia sobre un futuro libre de corrupción.

a Segundo unha definición, “corrupción” é o abuso do poder para obter algún beneficio persoal.

b Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus (Isaías 42:8). Este nome tamén pode traducirse como Iavé.