Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Récords de temperatura por todo o mundo. O que di a Biblia

Récords de temperatura por todo o mundo. O que di a Biblia

 Durante xullo de 2022, batéronse récords de temperatura por todo o mundo:

  •   “Por segunda vez neste mes, hai polo menos 70 cidades da China que se enfrontan a unha alerta máxima de calor” (25 de xullo de 2022, CNN Wire Service).

  •   “Os incendios forestais arrasan Europa debido a que as ondas de calor suben as temperaturas” (17 de xullo de 2022, The Guardian).

  •   “O domingo, moitas cidades dos Estados Unidos rexistraron récords de temperatura. Isto sucedeu porque unha onda de calor chegou á costa leste e a algunhas partes do sur e do medio oeste en pleno verán” (24 de xullo de 2022, The New York Times).

 Que significa todo isto? Chegará a ser a Terra un lugar inhabitable? Que di a Biblia?

Predixo a Biblia as ondas de calor?

 Si. As ondas de calor de todo o mundo coinciden co que a Biblia predixo para o noso tempo. Por exemplo, Xesús dixo que se verían “cousas espantosas” ou “fenómenos aterradores” (Lucas 21:11; La Biblia, de Serafín de Ausejo). O aumento global das temperaturas fai que moitos teñan medo de que, por culpa do ser humano, non se poida vivir na Terra.

Chegará a ser a Terra un lugar inhabitable?

 Non. Deus creou a Terra para que a humanidade viva nela para sempre (Salmo 115:16; Eclesiastés 1:4). Non permitirá que os humanos a destrúan senón que, tal e como prometeu, el vai “esnaquiza-los que destrúen o mundo” (Apocalipse 11:18).

 Vexamos tan só dúas profecías que mostran o que Deus promete para a Terra:

  •   “¡Que se alegren o deserto e maila terra reseca, que brinque de ledicia a estepa e que floreza!” (Isaías 35:1). Deus non vai permitir que a Terra se converta nun deserto no que nada poida sobrevivir. Máis ben, vai reparar as zonas do planeta que sufriron danos.

  •   “Ti coidas e réga-la terra, arriquécela de mil maneiras” (Salmo 65:10 [65:9, TNM]). Deus converterá a Terra nun paraíso.

 Para saber máis sobre como o cambio climático cumpre as profecías da Biblia, le o artigo “O que di a Biblia sobre o cambio climático e o noso futuro”.

 Para saber máis sobre a promesa da Biblia de que se recuperará o equilibrio do medio ambiente, le o artigo: “¿Quién salvará el planeta?”.