Ir ó contido

Ir ó índice

Predixo a Biblia grandes terremotos?

Predixo a Biblia grandes terremotos?

 Cada ano ocorren decenas de miles de terremotos. Aínda que a maioría son pequenos, os grandes terremotos causan moita destrución, sufrimento e morte. Ás veces, provocan tsunamis que destrúen as zonas costeiras acabando coa vida da xente que vive alí. Predixo a Biblia estes grandes terremotos?

Neste artigo veremos o seguinte:

 Predixo a Biblia grandes terremotos?

 Xesús falou dos terremotos nunha das profecías que rexistra a Biblia. Podemos ler sobre ela nestes tres libros:

 “Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá fame e terremotos en diversos lugares” (Mateo 24:7).

 “Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá terremotos e fame en diversos lugares” (Marcos 13:8).

 “Haberá grandes terremotos, pestes e fames en diversos lugares” (Lucas 21:11).

 Xesús predixo que habería “grandes terremotos” nun lugar tras outro e, ó mesmo tempo, guerras, fames e epidemias. Cando todas estas cousas ocorresen xuntas, sería evidente que estariamos a vivir nos últimos días (Mateo 24:3; 2 Timoteo 3:1). Segundo o que di a Biblia, os últimos días comezaron en 1914 e aínda non remataron.

 Están cumprindo os terremotos de hoxe en día as profecías da Biblia?

 Si. A profecía de Xesús, incluíndo o que dixo sobre os terremotos, cadra co que vemos hoxe en día. Dende 1914, houbo máis de 1.950 grandes terremotos que provocaron a morte de máis de dous millóns de persoas. a Vexamos algúns exemplos deste século.

 O océano Índico (2004). Un terremoto de magnitude 9,1 provocou un tsunami que chegou a unha ducia de países e acabou coa vida dunhas 225.000 persoas.

 A China (2008). Un terremoto de magnitude 7,9 destruíu pobos e cidades. Calcúlase que acabou coa vida de 90.000 persoas, feriu unhas 375.000 e deixou millóns sen fogar.

 Haití (2010). Un terremoto de magnitude 7 seguido de varias replicas fortes, acabou coa vida de máis de 300.000 persoas e deixou a máis dun millón sen fogar.

 O Xapón (2011). Un terremoto de magnitude 9 e os posteriores tsunamis acabaron coa vida dunhas 18.500 persoas e centos de miles tiveron que marchar. A central de Fukushima resultou danada, causando un importante accidente nuclear. Dez anos despois, unhas 40.000 persoas aínda non puideron regresar ós seus fogares polos altos niveis de contaminación radioactiva.

 Que significan para nós as profecías da Biblia sobre os terremotos?

 As profecías da Biblia sobre os terremotos advírtennos do que sucederá nun futuro próximo. Xesús dixo: “Cando vexades que pasan estas cousas, caede na conta de que xa está preto o Reino de Deus” (Lucas 21:31).

 A Biblia explica que o Reino de Deus é un goberno real que está no ceo e Xesucristo é o seu Rei. Este Reino é o que Xesús lles ensinou a pedir ós seus seguidores en oración (Mateo 6:10).

 Cando o Reino de Deus goberne sobre a Terra, Deus non permitirá que ninguén sufra polos desastres naturais, incluídos os terremotos (Isaías 32:18). É máis, borrará o dano físico e emocional que hoxe causan os terremotos (Isaías 65:17; Apocalipse 21:3, 4). Para máis información, podes consultar o artigo “¿Qué cosas logrará el Reino de Dios?”.

a As estatísticas proceden da base de datos Global Significant Earthquake Database que recolle a información do Centro Nacional de Datos Xeofísicos dos Estados Unidos.