Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Tiroteos en centros educativos. O que di a Biblia

Tiroteos en centros educativos. O que di a Biblia

 O 24 de maio de 2022, sucedeu unha terrible traxedia na pequena cidade de Uvalde, Texas (Os Estados Unidos). O periódico The New York Times informou que “un home armado matou 19 nenos e dous profesores [...] na Escola Primaria Robb”.

 Por desgraza, noticias coma esta son demasiado habituais. O periódico USA Today informou que tan só nos Estados Unidos “houbo 249 tiroteos en centros educativos durante o ano pasado, máis que calquera outro ano dende, polo menos, 1970”.

 Por que pasan cousas tan malas? Como podemos seguir cara adiante cando sucede algo tan horrible? Hai esperanza de que algún día acabe a violencia? A Biblia responde estas preguntas.

Por que é o mundo cada vez máis violento?

  •    A Biblia describe o tempo no que vivimos como os “últimos días” nos que moitas persoas non terían “cariño natural” e serían “feroces”. Por iso farían cousas moi crueis e violentas. A Biblia tamén di que esas persoas “irán de mal en peor” (2 Timoteo 3:1-5, TNM; 3:13). Para máis información, le o artigo “Predixo a Biblia como sería a xente hoxe en día?”.

 Moitos pregúntanse: “Por que Deus non impide que pasen traxedias coma esta?”. Para ver a resposta que dá a Biblia, le o artigo “¿Por qué le pasan cosas malas a la gente buena?”.

Que podemos facer para seguir cara adiante?

  •    “Todo canto antigamente se escribiu, escribiuse para a nosa instrucción: para que entre a nosa paciencia e o consolo que dan as Escrituras, manteñámo-la esperanza” (Romanos 15:4).

 Os principios bíblicos poden axudarche a seguir cara adiante a pesar de toda a violencia que hai no mundo. Para máis información, mira a revista ¡Despertad! titulada “¿Acabará algún día la violencia?”.

 Para atopar bos consellos sobre como poden os pais axudarlles ós seus fillos cando escoitan noticias coma esta, le o artigo “El efecto de las noticias en los niños”.

Acabará algún día a violencia?

  •    “Rescataraos da inxuria e da opresión” (Salmo 72:14).

  •    “Na forxa as súas espadas volveranse aixadas; e as súas lanzas, podadeiras. Non levantará a espada un pobo contra outro, nin aprenderán de novo a face-la guerra” (Miqueas 4:3).

 Deus fará o que os humanos non son capaces de facer. Cando o seu Reino celestial goberne acabará con tódalas armas e con toda a violencia. Para máis información sobre o que logrará o Reino de Deus, le o artigo “El Reino de Dios traerá ‘paz en abundancia’”.