Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Violencia con armas de fogo por todo o mundo. O que di a Biblia

Violencia con armas de fogo por todo o mundo. O que di a Biblia

 Durante xullo de 2022, houbo sucesos terribles por todo o mundo relacionados coa violencia con armas de fogo:

  •   “O asasinato do político máis coñecido do Xapón, o exprimeiro ministro Shinzo Abe, sacudiu o país e conmocionou o resto do mundo, especialmente tendo en conta os baixos niveis de crimes violentos que hai nese país e as súas estritas leis sobre as armas” (10 de xullo de 2022, The Japan Times).

  •   “Dinamarca en estado de shock despois de que un home armado matase tres persoas nun centro comercial de Copenhague” (4 de xullo de 2022, Reuters).

  •   “Uns homes armados matan 15 persoas nun bar no municipio de Soweto, en Suráfrica” (10 de xullo de 2022, The Guardian).

  •   “Durante o fin de semana no que se celebraba o 4 de xullo, morreron máis de 220 persoas nos Estados Unidos debido á violencia con armas de fogo” (5 de xullo de 2022, CBS News).

 Podemos esperar que esta clase de violencia termine algún día? Que di a Biblia?

O fin da violencia

 A Biblia chámalle ó tempo no que vivimos os “días derradeiros”, ou últimos días, e di que as persoas serían feroces, e que farían cousas salvaxes e crueis (2 Timoteo 3:1, 3). Este comportamento violento fai que a xente viva con medo (Lucas 21:11). Pero a Biblia promete que chegará o día no que deixará de existir a violencia, e a xente “vivirá nun campo de paz, en casas seguras” (Isaías 32:18). Como sucederá isto?

 Deus acabará coas persoas malvadas e destruirá tódalas armas.

  •   “Os malvados serán desbotados da terra” (Proverbios 2:22).

  •   Deus “acaba coas guerras por toda a terra. Rompe o arco e esnaquiza a lanza, queima os carros militares no lume” (Salmo 46:9, TNM).

 Deus ensinaralles ás persoas a vivir en paz e así acabará con toda a violencia.

  •   “Ningún será malvado nin fará o mal en todo o meu monte santo: o país estará cheo de coñecemento do Señor, o mesmo que as augas enchen o mar” (Isaías 11:9).

  •   Deus xa lles está ensinando a algunhas persoas por todo o mundo a evitar as armas e a violencia, cumprindo así as seguintes palabras da Biblia: “Na forxa as súas espadas volveranse aixadas; e as súas lanzas, podadeiras” (Miqueas 4:3).

 Para saber máis da promesa que fai a Biblia de que viviremos nun mundo sen medo, le o artigo “¿Es posible librarse del miedo?”.

 Para saber máis acerca de como a violencia será eliminada para sempre, le o artigo “¡Por fin paz en la Tierra!”.