Ir ó contido

Ir ó índice

Mary_Ukraine/stock.adobe.com

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

A xente está deixando de confiar nos políticos. O que di a Biblia

A xente está deixando de confiar nos políticos. O que di a Biblia

 O 2024 será o ano no que haxa máis eleccións por todo o mundo da historia. Aínda así, moita xente está deixando de confiar nos políticos.

  •   A maioría dos americanos que participaron nunha enquisa dixeron que “a maioría dos políticos están motivados por intereses egoístas” en vez de por un desexo de servir as persoas que representan a (Pew Research Center, 19 de setembro de 2023).

 Os rapaces de hoxe en día tampouco confían nos políticos.

  •   “Ós adolescentes preocúpalles encontrar a solución ós problemas actuais, pero nunha enquisa dixeron que non cren que os políticos o estean conseguindo” (The New York Times, 29 de xaneiro de 2024).

  •   “Segundo unha enquisa, os rapaces confían máis nos ‘YouTubers’ que nos políticos” (The Korea Times, 22 de xaneiro de 2024).

 Podemos confiar en que os políticos conseguirán un futuro mellor? E se non, en quen podemos confiar?

Ten coidado cando escollas en quen confías

 Está ben que as persoas teñan coidado ó decidir en quen confiar. A Biblia di: “O inxenuo dá creto ó que sexa, o asisado calcula os seus pasos” (Proverbios 14:15).

 É máis, incluso os políticos máis honestos e coas mellores intencións non poden facer todo o que queren. A Biblia advírtenos:

  •   “Non poñades a vosa confianza en príncipes [ou líderes] nin en ningún outro home, porque non poden traer a salvación” (Salmo 146:3).

Un líder no que si podes confiar

 A Biblia explica que Deus escolleu o líder máis competente e fiable: Xesucristo (Lucas 1:32, 33). Xesús é o Rei do Reino de Deus, un goberno que actúa desde o ceo (Mateo 6:10).

a Pew Research Center, “Americans’ Dismal Views of the Nation’s Politics”, setembro de 2023.