Ir ó contido

Ir ó índice

alfa27/stock.adobe.com

CAMPAÑA DA CONMEMORACIÓN

Xesús acabará coa delincuencia

Xesús acabará coa delincuencia

 Xesús sabe o que é sufrir a causa das inxustizas e os malfeitores. Foi acusado falsamente, golpeado ilegalmente, xulgado e condenado de forma inxusta, e executado dunha maneira moi dolorosa. Aínda que era inocente, de boa gana estivo disposto a sacrificar “a súa vida como rescate a cambio de moitas persoas” (Mateo 20:28; Xoán 15:13). Dentro de pouco, como Rei do Reino de Deus, traerá xustiza sobre toda a Terra e acabará coa delincuencia para sempre (Isaías 42:3).

 A Biblia describe como será o mundo despois de que Xesús actúe:

  •   “Os malvados xa non existirán; mirarás a onde estaban, e xa non estarán alí. Pero os mansos herdarán a terra e desfrutarán plenamente de abundante paz” (Salmo 37:10, 11, TNM).

 Como podemos demostrar o noso agradecemento polo que Xesús fixo e vai facer por nós? En Lucas 22:19, Xesús mandoulles ós seus discípulos que lembrasen a súa morte. Por iso, tódolos anos, as testemuñas de Xehová reunímonos no aniversario do seu sacrificio. Invitámoste a que poidas acompañarnos na Conmemoración da morte de Xesús o domingo 24 de marzo de 2024.

Atopa a Conmemoración máis próxima