Ir ó contido

Ir ó índice

AspctStyle/stock.adobe.com

CAMPAÑA DA CONMEMORACIÓN

Xesús acabará coas guerras

Xesús acabará coas guerras

 Cando estivo na Terra, Xesús demostrou que amaba tanto as persoas, que estivo disposto a sacrificar a súa vida por elas (Mateo 20:28; Xoán 15:13). Dentro de pouco, usando a súa autoridade como Rei do Reino de Deus, Xesús volverá a demostrar o seu amor polas persoas acabando “coas guerras por toda a terra” (Salmo 46:9, TNM).

 Fíxate como describe a Biblia o que Xesús vai facer:

  •   “El rescatará o pobre que grita por axuda, tamén o humilde e a todo o que non ten quen o axude. Terá compaixón do humilde e do pobre, e ós pobres salvaralles a vida. Rescataraos da opresión e da violencia” (Salmo 72:12-14, TNM).

 Como podemos demostrar o noso agradecemento polo que Xesús fixo e vai facer por nós? En Lucas 22:19, Xesús mandoulles ós seus discípulos que lembrasen a súa morte. Por iso, tódolos anos, as testemuñas de Xehová reunímonos no aniversario do seu sacrificio. Invitámoste a que poidas acompañarnos na Conmemoración da morte de Xesús o domingo 24 de marzo de 2024.

Atopa a Conmemoración máis próxima