Que di a Biblia sobre a vinganza?
O que di a Biblia
Aínda que unha persoa sinta que ten boas razóns para vingarse, facer iso vai en contra do que di a Biblia: “Non digas: ‘Farei con el o que el fixo comigo; vaimas pagar conforme ó seu feito’” (Proverbios 24:29). A Biblia contén consellos que axudaron a moitos a superar o seu desexo de vinganza.
Neste artigo veremos o seguinte:
Que hai de malo en querer vingarse?
Se alguén te ofendeu ou che fixo dano, é normal que te enfades e queiras que a outra persoa pague polo que fixo. Non obstante, vingarse non está de acordo co que di a Biblia. Por que?
A Deus non lle gusta que as persoas se vinguen. Na Biblia, Xehová a Deus di: “Miña é a vinganza, eu darei o merecido” (Romanos 12:19). A Biblia anima os que sufriron unha inxustiza a que, se é posible, busquen maneiras pacíficas de resolvelo en vez de vingarse (Romanos 12:18). Pero, que pasaría se a persoa fixo todo o posible por resolver o problema de xeito pacífico? Ou se non hai forma de solucionalo pacificamente? A Biblia aconséllanos que confiemos en que Xehová vai corrixir tódalas inxustizas (Salmo 42:11, 12 [42:10, 11, TNM]).
Como castiga Deus a xente culpable?
Polo de agora, Xehová permite que os gobernos humanos castiguen as persoas que fixeron algo malo (Romanos 13:1-4). No futuro, el asegurarase de que ninguén sufra máis (Isaías 11:4).
Como podo superar o desexo de vingarme?
Non actúes por impulso (Proverbios 17:27). As persoas que se deixan levar pola ira, acostuman facer cousas das que despois se arrepinten. Pero os que se paran a pensar antes de actuar, polo xeral, toman mellores decisións (Proverbios 29:11).
Pensa nas razóns (Proverbios 18:13). Alguén que sufriu unha inxustiza fai ben en preguntarse: “Coñezo tódolos detalles que explican por que unha persoa actuou dese xeito? Estaba baixo moita presión? Fíxoo sen darse conta?”. As veces podemos pensar que unha persoa nos fixo dano deliberadamente, cando en realidade só cometeu un erro.
Ideas erróneas sobre a vinganza
Idea equivocada: A Biblia menciona que si podemos vingarnos cando di “ollo por ollo” (Levítico 24:20).
Realidade: A lei de “ollo por ollo” do antigo Israel, non daba permiso para vingarse. Esta lei axudaba os xuíces a impoñer os castigos apropiados b (Deuteronomio 19:15-21).
Idea equivocada: Como a Biblia non permite que nos vinguemos tampouco podemos defendernos cando nos atacan.
Realidade: Unha persoa ten o dereito de defenderse ou buscar a axuda das autoridades cando a atacan. Pero a Biblia di que debemos evitar os conflitos violentos sempre que sexa posible (Proverbios 17:14).
a A Biblia ensina que o nome de Deus é Xehová.
b Para máis información podes ver o artigo ¿Qué significa la ley del “ojo por ojo”?.