Ir ó contido

Teñen os cartos a culpa de tódolos males?

Teñen os cartos a culpa de tódolos males?

O que di a Biblia

 Non. Aínda que algunhas persoas pensan que a Biblia di que os cartos son malos e teñen a culpa de tódolos males, non é así. O que di a Biblia é que “o amor ós cartos é o raíz de todos os males” a (1 Timoteo 6:10, O Novo Testamento, versión de Avelino Gómez Ledo, grosa nosa).

 Que di a Biblia sobre os cartos?

 A Biblia di que os cartos, cando se usan ben, son bos e incluso poden ser para nós “unha protección” (Eclesiastés 7:12, TNM). Ademais, a Biblia fala de maneira positiva das persoas que son xenerosas (Lucas 6:38).

 Pero, por outro lado, a Biblia advírtenos do perigo de que os cartos se convertan no máis importante da nosa vida. Di: “Que o voso comportamento sexa desinteresado: contentádevos co que tedes” (Hebreos 13:5). Así que é importante que aprendamos a usar ben os cartos e que o noso obxectivo na vida non sexa o de facernos ricos. Máis ben debemos esforzarnos por contentarnos coas cousas que de verdade son necesarias, como ter para comer, para vestir e un lugar onde vivir (1 Timoteo 6:8).

 Por que a Biblia nos advirte sobre o amor ós cartos?

 As persoas cobizosas non conseguirán vida eterna (Efesios 5:5). Por que? En primeiro lugar, porque a cobiza é unha forma de idolatría, ou adoración falsa (Colosenses 3:5). En segundo lugar, porque as persoas cobizosas a miúdo se saltan as normas para conseguir o que queren. Proverbios 28:20 di: “O que corre a enriquecerse non o fará sen culpa”. De feito, estas persoas poden verse tentadas a cometer delitos como fraude, chantaxe, extorsión ou ata chegar a participar nun secuestro ou nun asasinato.

 E aínda que o amor ós cartos non nos leve a facer nada malo, podería ter outras consecuencias negativas. A Biblia di: “Os que se queren facer ricos caen en tentacións e trapelas e en moitas cobizas, todas perigosas” (1 Timoteo 6:9).

 Como nos beneficia seguir os consellos da Biblia sobre os cartos?

 Se non pasamos por alto os nosos valores morais e espirituais por culpa dos cartos, sentirémonos ben con nós mesmos e contaremos coa axuda e a aprobación de Deus. De feito, el promételles ós que de verdade se esforzan por agradarlle: “Non te deixarei nin te desampararei” (Hebreos 13:5, 6). E tamén nos asegura: “Home leal vai cheo de bendicións” (Proverbios 28:20).

a Este versículo tamén se traduciu: “A raíz de tódolos males é a avaricia”.