Pode a Biblia axudarnos a levar mellor unha enfermidade crónica?
O que di a Biblia
Si. Deus preocúpase polos seus servos que están enfermos. Falando dun deles a Biblia di: “O Señor socorrerao no leito da dor” (Salmo 41:4 [41:3, NM]). Que consellos nos poden axudar se temos unha enfermidade crónica? Imos ver tres deles.
Pídelle a Deus forzas para aguantar. El darache “a paz de Deus, que supera toda intelixencia” (Filipenses 4:6, 7). Esta paz axudarache a reducir a ansiedade e seguir adiante.
Sé positivo. A Biblia di: “Ánimo ledo, corpo rufo; o espírito abatido seca a cana dos ósos” (Proverbios 17:22). O sentido do humor axudarache a estar máis alegre e tamén será bo para a túa saúde.
Aprende a mirar ó futuro con esperanza. Ter unha esperanza sólida para o futuro axudarache a estar alegre malia as doenzas (Romanos 12:12). A Biblia fala dun tempo no que “quen alí reside non dirá: ‘Estou impedido’” (Isaías 33:24). Daquela, Deus curará tódalas enfermidades crónicas que agora a ciencia non pode sandar. Por exemplo, a Biblia di que Deus fará que os vellos volvan ser novos: “Daquela medrará en xuventude o seu corpo e tornarase coma nos seus días mozos” (Xob 33:25).
Nota: Inda que as testemuñas de Xehová valoramos a axuda que Xehová nos dá, tamén buscamos un tratamento médico para as enfermidades crónicas. Pero non recomendamos ningún tratamento específico. Pensamos que cada persoa debe tomar a súa propia decisión.