Cal é o sentido da vida?
O que di a Biblia
Esta pregunta podería formularse de moitas maneiras, como por exemplo: “Por que estamos aquí” ou “Cal é o propósito da vida?”. A Biblia explica que o propósito da nosa vida é que cheguemos a ser amigos de Deus. Para entender mellor este asunto vexamos algunhas das verdades fundamentais que contén a Biblia.
Deus é o noso Creador. A Biblia di: “Sabede que o Señor é Deus, que El nos fixo” (Salmo 100:3; Apocalipse 4:11).
Deus fixo todo cun propósito, incluídos nós (Isaías 45:18).
Deus creounos con “necesidades espirituais”, entre elas o desexo de saber cal é o sentido da vida (Mateo 5:3, TNM). El quere que satisfagamos ese desexo (Salmo 145:16).
Satisfacemos esa necesidade cando nos esforzamos por ter unha amizade estreita con Deus. Aínda que a idea de ser amigos de Deus nos poida parecer imposible, a Biblia dános a seguinte garantía: “Achegádevos a Deus e El achegarase a vós” (Santiago 4:8; 2:23).
Para chegar a ser amigos de Deus debemos vivir en harmonía co propósito que ten para nós. A Biblia explica cal é ese propósito en Eclesiastés 12:13: “Teme a Deus e garda os seus mandamentos: porque iso é o home todo” (Sagra Biblia en Galego).
No futuro veremos cumprido por completo o propósito de Deus para nós. El promete que eliminará o sufrimento e lles dará vida eterna ós seus amigos, aqueles que o adoren (Salmo 37:10, 11).