Van os animais ó ceo?
O que di a Biblia
A Biblia ensina que, de tódalas criaturas que hai na Terra, só uns poucos seres humanos irán ó ceo (Apocalipse 14:1, 3). Alí gobernarán como reis e sacerdotes xunto con Xesús (Lucas 22:28-30; Apocalipse 5:9, 10). En cambio, a maior parte dos seres humanos resucitarán na Terra feita un paraíso (Salmo 37:11, 29).
A Biblia non fala dun ceo para os cans nin para ningunha outra mascota, e faino por unha boa razón: os animais non poden dar os pasos necesarios para recibir a “chamada celestial”, é dicir, a invitación para ir ó ceo (Hebreos 3:1, TNM). Estes pasos inclúen coñecer, ter fe e obedecer as normas de Deus (Mateo 19:17; Xoán 3:16; 17:3). Só os seres humanos foron creados coa esperanza de vivir para sempre (Xénese 2:16, 17; 3:22, 23).
Para ir ó ceo, calquera criatura que viva na Terra primeiro debe ser resucitada (1 Corintios 15:42). A Biblia fala dalgunhas resurreccións (1 Reis 17:17-24; 2 Reis 4:32-37; 13:20, 21; Lucas 7:11-15; 8:41, 42, 49-56; Xoán 11:38-44; Feitos 9:36-42; 20:7-12). Pero todas elas foron de seres humanos, non de animais.
Teñen alma os animais?
Non. A Biblia di que tanto os animais coma os seres humanos son almas (Números 31:28). Cando o primeiro home, Adán, foi creado non se lle deu unha alma, senón que chegou a ser unha “alma viva” (Xénese 2:7, nota, TNM). A alma componse de dúas cousas: o “po do chan” e o “alento de vida”.
Poden morrer as almas?
Si, a Biblia ensina que as almas poden morrer (Xob 36:14; Santiago 5:20). Cando morren, os animais e os seres humanos volven ó po do chan (Eclesiastés 3:19, 20). Noutras palabras, deixan de existir. a
Os animais poden pecar?
Non. Pecar significa pensar, sentir ou facer algo que viola as normas de Deus. É necesario tomar decisións sobre cuestións morais para pecar e os animais non teñen esa capacidade. Normalmente actúan guiados polo seu instinto (2 Pedro 2:12). E cando chegan ó final da súa vida, morren, aínda que nunca pecaron.
Está ben maltratar os animais?
Non. Deus deulles ós seres humanos autoridade sobre os animais, pero non lles deu o dereito de maltratalos (Xénese 1:28; Salmo 8:6-8). A Deus preocúpalle o benestar de tódolos animais, mesmo dos paxariños (Xonás 4:11; Mateo 10:29). Por iso, mandoulles ós seus servos que coidasen dos animais (Éxodo 23:12; Deuteronomio 25:4; Proverbios 12:10).
a Se queres máis información, podes consultar o capítulo 6 do libro Que nos ensina a Biblia?