Uso de datos persoais. Hungría
Este documento de tratamento de datos explica como e por que as Testemuñas de Xehová recompilan e usan datos persoais dos publicadores, e describe os dereitos que teñen os publicadores con relación ós seus datos persoais. As referencias que se fan neste documento a “ti” e “teu” refírense ós individuos que son publicadores a bautizados ou non bautizados nunha congregación das Testemuñas de Xehová, cuxos datos persoais son procesados polas Testemuñas de Xehová para manter e administrar a relixión e as actividades relixiosas das Testemuñas de Xehová.
As Testemuñas de Xehová operan globalmente. Neste documento, as expresións “Organización Relixiosa”, “noso”, “nós” ou “nos” refírese á organización relixiosa mundial das Testemuñas de Xehová ou a unha ou máis das entidades usadas polas Testemuñas de Xehová. Estas entidades inclúen a congregación local, a sucursal local e outras entidades usadas polas Testemuñas de Xehová. Unha ou máis destas entidades controlan a utilización dos teus datos persoais, dependendo da natureza da súa interacción con nós. A Igrexa das Testemuñas de Xehová en Hungría é quen controla os datos persoais dos publicadores das congregacións de Hungría.
Segundo se explica no libro Organizados para hacer la voluntad de Jehová, b recompilamos datos persoais que ti proporcionas e datos espirituais que, como se indica a continuación, os anciáns da túa congregación rexistran sobre ti cando chegas a ser publicador para que poidas participar en actividades relixiosas relacionadas coa túa adoración e para que ti poidas recibir apoio espiritual (1 Pedro 5:2).
Se tes calquera pregunta relacionada co uso dos teus datos persoais ou queres contactar co teu delegado de protección de datos, por favor, envía un correo electrónico ó seguinte enderezo:
DataProtectionOfficer.HU@jw.org.
A continuación encontrarás máis información sobre a utilización de datos persoais.
Datos persoais que recompilamos sobre ti
Os datos persoais que recompilamos e usamos para manter e administrar a relixión e as actividades relixiosas c das Testemuñas de Xehová inclúen:
Datos básicos: o teu nome, data de nacemento e sexo.
Datos de contacto: o teu enderezo postal, enderezo de correo electrónico, números de teléfono e contacto de emerxencia.
Información espiritual: a data na que te bautizaches, se es “unxido” ou das “outras ovellas”, calquera responsabilidade ou designación que teñas na congregación local ou nunha Organización Relixiosa, a túa actividade na predicación, o teu estado espiritual e calquera dato asociado a ese estado, e calquera outra información similar relacionada co teu benestar espiritual.
Os datos persoais que recompilamos tamén poden incluír categorías especiais de datos persoais (datos de categoría especial). Os datos de categoría especial inclúen a orixe étnica e as crenzas relixiosas.
Propósitos e base legal para a utilización dos teus datos persoais
A nosa política é recompilar só os datos persoais necesarios para os nosos obxectivos e procesalos legalmente sobre unha base xurídica válida.
Cando ti chegas a ser publicador, nós recompilamos e usamos os teus datos persoais de forma legal, de acordo co noso interese lexítimo de manter e administrar a relixión das Testemuñas de Xehová para que ti poidas participar en actividades relixiosas relacionadas coa túa adoración e recibir apoio espiritual. Cando os datos que procesamos implican algunha categoría especial de datos persoais, como as túas crenzas relixiosas, procesamos os datos coa protección apropiada e non compartimos esa información sen o teu permiso con ninguén fóra da Organización Relixiosa. Analizamos e temos en conta calquera potencial impacto en ti e nos teus dereitos antes de procesar os teus datos persoais para os nosos intereses lexítimos.
Tamén poderemos usar os teus datos persoais para obedecer algunha obrigación legal. En caso de emerxencia, poderemos basearnos nos teus intereses vitais ou nos doutra persoa para procesar datos persoais.
Polo xeral, non procesamos datos persoais en base ó consentimento, pois normalmente podemos facelo con outra base legal. Con todo, se expresaches explicitamente o teu consentimento para que procesemos os teus datos persoais usaremos ese consentimento como base. Ten en conta que os datos de menores procesaranse co consentimento dun dos pais ou titor legal.
Nesta táboa, podes ver as maneiras como usamos os teus datos persoais e a base legal para facelo. Por favor, contacta co delegado de protección de datos local se necesitas máis información. Podes usar o contacto mencionado enriba.
Propósito e/ou actividade |
Tipo de datos |
Base legal para o procesamento |
Retención |
---|---|---|---|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Retención
Retemos datos persoais tanto tempo como se indica na sección “Propósitos e base legal para a utilización dos teus datos persoais”.
Para determinar o período apropiado de retención para datos persoais, temos en conta os requisitos legais aplicables e a cantidade, natureza e sensibilidade dos datos persoais; o risco potencial de prexuízo por utilización ou distribución indebida dos teus datos persoais; os obxectivos que temos para procesar os teus datos persoais e se é posible alcanzar eses obxectivos por outros medios.
Globalmente, os períodos de retención poden variar dependendo do país ou xurisdición, e son establecidos de acordo cos requisitos regulamentarios de retención locais. Os datos persoais tamén poden quedar rexistrados por un período máis longo se fosen requiridos pola lei ou períodos de retención ampliados e para establecer, exercer ou defender os nosos dereitos legais.
Nalgunhas circunstancias, podemos facer que os teus datos persoais se volvan anónimos (de forma que xa non se poidan asociar contigo) para propósitos estatísticos ou de busca. Neses casos, poderemos usar esa información de xeito indefinido, sen ser necesario informarcho.
Se queres máis información sobre os períodos de retención que aplicamos ós teus datos persoais, por favor, contacta co teu delegado de protección de datos. Podes usar o contacto mencionado enriba.
Transferencia de datos persoais
As Testemuñas de Xehová operan globalmente e isto require centralizar algunhas operacións, proporcionando servizos informáticos a entidades utilizadas polas Testemuñas de Xehová, incluída a Igrexa das Testemuñas de Xehová en Hungría. En concreto, unha entidade legal empregada polas Testemuñas de Xehová en Holanda, usa os seus servidores para facer copias de seguridade dos servizos software da Igrexa das Testemuñas de Xehová en Hungría. Diferentes entidades utilizadas polas Testemuñas de Xehová poderán acceder a algunha información cando sexa necesario, de acordo cos obxectivos descritos neste documento. Por exemplo, cando decides mudarte a outra congregación, os teus datos persoais (información básica, de contacto e espiritual) son enviados á túa nova congregación. Se cambias a unha congregación nun país diferente, a sucursal local das Testemuñas de Xehová procesará os teus datos persoais para que poidas seguir participando nas actividades relixiosas da túa nova congregación e para manter os nosos rexistros eclesiásticos actualizados. Esta transferencia pode incluír países fóra da Unión Europea (UE) / Espazo Económico Europeo (EEE) e países que non teñen leis que proporcionan protección específica á información persoal.
Tomamos precaucións legais e de seguridade apropiadas para asegurarnos de que os datos persoais que son trasladados dentro da Organización Relixiosa se manteñen íntegros e seguros. Cando recompilamos os teus datos persoais dentro da UE/EEE, só faremos transferencias fóra da UE/EEE...
para un destinatario localizado nun país que proporcione un nivel axeitado de protección dos teus datos persoais; e/ou
baixo un acordo que cumpra os requisitos da UE para a transferencia de datos persoais a procesadores de datos ou controladores de datos fóra da UE/EEE, como as cláusulas contractuais estándar aprobadas pola Comisión Europea; e/ou
co teu consentimento.
Seguridade dos datos
Nós protexemos a confidencialidade e seguridade da información que obtemos no curso das nosas actividades. O acceso a esa información é limitado; temos políticas e procedementos deseñados para protexer a información contra a perda, uso e distribución indebidos.
Aplicamos medidas técnicas e de organización apropiadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ó risco de procesamento, mentres temos en conta a situación existente; os custos de aplicación; a natureza, alcance, contexto e obxectivos do procesamento; e a probabilidade e gravidade do risco para os dereitos e liberdades individuais. Estas medidas inclúen, entre outras, as seguintes:
control de acceso, confidencialidade e integridade;
seguridade nas comunicacións e operacións;
uso dos datos persoais baixo pseudónimo, de forma anónima ou encriptada;
verificación e avaliación da eficacia das medidas técnicas e organizativas para garantir a seguridade do procesamento.
Nós garantimos que aqueles que teñan acceso permanente ou regular ós datos persoais ou aqueles que estean envoltos no procesamento de datos persoais están adestrados e informados dos seus dereitos e das súas responsabilidades.
Divulgación de datos persoais
Pode que teñamos compartir os teus datos persoais coas entidades e persoas que se indican a continuación cos obxectivos recollidos na táboa da sección “Propósitos e base legal para a utilización dos teus datos persoais” mencionada arriba.
Proporcionaremos os teus datos persoais ás autoridades reguladoras ou organismos encargados de facer cumprir a lei:
Cando sexa requirido pola lei, por unha orde xudicial, por unha autoridade competente ou
cando sexa necesario protexer e defender os nosos dereitos, propiedade ou seguridade.
Tamén podemos compartir os teus datos persoais con provedores de servizos de informática e servizos de administración de sistemas.
Se o solicitas, e polo tanto temos o teu consentimento, podemos compartir os teus datos persoais con outras persoas ou entidades como se indica.
Pedimos a calquera persoa ou entidade con quen compartimos os datos persoais conforme a esta Sección que respecte a confidencialidade e seguridade dos teus datos persoais e que os use de acordo coas leis e regulacións aplicables. Non lles permitimos ós destinatarios dos teus datos persoais que os usen para os seus propios propósitos e só lles permitimos que usen os teus datos persoais para propósitos específicos de acordo coas nosas instrucións.
Os teus dereitos legais en relación ós datos persoais
Ti podes ter certos dereitos de acordo coa lei local en relación á información persoal que nós retemos sobre ti. Eses dereitos poden incluír:
O dereito de ser informado sobre como se usan os teus datos persoais. Tes dereito a ser informado sobre a forma como imos usar e compartir os teus datos persoais.
O dereito de acceder ós datos persoais. Tes dereito a obter confirmación sobre se estamos ou non procesando os teus datos persoais e dereito a acceder á túa información persoal.
O dereito de que se rectifiquen os teus datos persoais inexactos. Tes dereito a que se corrixan os teus datos persoais que fosen incorrectos ou incompletos, por exemplo, no caso de que cambies a túa información de contacto.
O dereito de que os teus datos persoais sexan eliminados en certas circunstancias. Tamén chamado “dereito ó esquecemento”. Este non é un dereito absoluto para esixir que tódolos datos persoais sexan eliminados. Analizaremos cada petición coidadosamente de acordo coas leis en vigor.
O dereito de retirar o teu consentimento. Se procesamos datos persoais baseándonos no teu consentimento, tes dereito a retirar ese consentimento en calquera momento. Normalmente, non procesamos datos persoais baseándonos no consentimento, pois, polo xeral, baseámonos noutra base legal.
O dereito de restrinxir o procesamento de datos persoais en certas circunstancias. Este dereito xorde no caso de que esteas cuestionando a exactitude dos datos persoais, no caso de que formulases algunha obxección ó procesamento, no caso de que o procesamento de datos persoais sexa ilegal e non queiras que sexan eliminados e máis ben pidas que sexan restrinxidos, ou no caso de que os datos persoais xa non sexan necesarios para nós, pero ti pidas que os manteñamos para estabelecer, exercer ou defender unha reclamación legal.
O dereito de portabilidade de datos. O dereito de portabilidade de datos aplícase só se o procesamento estivese baseado no teu consentimento, ou se os datos persoais tivesen que ser procesados para a execución dun contrato e o procesamento se levase a cabo por medios automáticos.
O dereito de obxectar o procesamento de datos persoais. Tes dereito a obxectar o noso procesamento cando esteamos procesando os teus datos persoais en base a intereses lexítimos. Non usamos os teus datos persoais con fins directamente relacionados co márketing. Se obxectas, xa non procesaremos os teus datos persoais, a menos que haxa razóns lexítimas para que os sigamos xestionando que prevalezan sobre os intereses, dereitos e liberdades da persoa implicada. Tamén debemos procesalos para establecer, exercer ou defender reclamacións legais.
Podes exercer calquera dos teus dereitos contactando co teu delegado de protección de datos. Podes usar o contacto mencionado enriba.
Poida que che pidamos información específica para confirmar a túa identidade e garantir o teu dereito a acceder ós teus datos persoais (ou para exercer calquera dos outros dereitos). Esta é unha medida de seguridade que serve para garantir que os teus datos persoais non son compartidos con alguén que non ten dereito a acceder a eles. Tamén poderiamos ter que poñernos en contacto contigo para pedirche máis información con relación á túa petición co obxectivo de acelerar a nosa resposta.
Se estiveses preocupado por unha suposta violación da lei de protección de datos ou algunha outra regulación por parte das Testemuñas de Xehová, podes contactar co delegado de protección de datos local utilizando a información de contacto mencionada enriba. O delegado de protección de datos local investigará a túa petición e informarate sobre a solución. Tamén tes dereito a presentar unha queixa diante da autoridade da protección de datos responsable de facer cumprir a lei de protección de datos do país onde resides ou do sitio onde tivo lugar a suposta infracción, ou a remitir o asunto a un tribunal de xurisdición competente.
Cambios neste documento
É posible que as prácticas das Testemuñas de Xehová relacionadas co uso de datos cambien de vez en cando por cambios nas actividades relixiosas, na lei ou nos soportes tecnolóxicos. Se algunha vez fose necesario modificar esta páxina de Uso de datos persoais, publicaremos esas modificacións nesta páxina, de xeito que os publicadores saiban sempre cales son os datos que recompilamos e como os tratamos. Por favor, comproba periodicamente se houbo algún cambio nesta páxina.
a Os publicadores son persoas que predican as boas noticias do Reino de Deus en asociación cunha congregación das Testemuñas de Xehová.
b Páxina 75, parágrafo 10. Organizados para hacer la voluntad de Jehová é unha publicación interna prevista só para ser usada por congregacións das Testemuñas de Xehová, que aporta unha visión xeral desta organización relixiosa. Non pretende ser unha política de uso de datos persoais.
c Para ver unha descrición máis detallada das maneiras nas que usamos os datos persoais dos publicadores e as bases legais nas que nos apoiamos, podes mirar a seguinte táboa.