Uso de datos persoais. Uganda
Ó facerse publicador, unha persoa recoñece que a organización relixiosa mundial das Testemuñas de Xehová (“Testemuñas de Xehová”), incluídas a congregación local das Testemuñas de Xehová, a sucursal local e entidades similares asociadas ás Testemuñas de Xehová, usan os seus datos persoais dun xeito legal e de acordo cos intereses relixiosos lexítimos da organización relixiosa. Os publicadores proporcionan voluntariamente os seus datos á súa congregación segundo establece o libro Organizados para hacer la voluntad de Jehová a fin de participar en actividades relixiosas relacionadas coa súa adoración a Deus e para recibir atención espiritual (1 Pedro 5:2).
Os datos persoais poden incluír: nome, data de nacemento, sexo, data de bautismo, información de contacto, información relacionada co seu benestar espiritual, participación na predicación ou noutras actividades das Testemuñas de Xehová, ou calquera outra información que os publicadores desexen proporcionar co propósito de participar noutras actividades relixiosas. Estes datos inclúen información sobre as crenzas relixiosas do publicador e outros datos persoais sensibles. O uso dos datos persoais pode significar recompilar, gravar, organizar e almacenar a información, así como outros procesos similares.
A lei de protección de datos deste país é a seguinte:
Lei de Privacidade e Protección de datos, 2019.
En conformidade con esta lei de protección de datos, os publicadores consenten que as Testemuñas de Xehová usen os seus datos persoais con fins relixiosos, incluídos os seguintes:
Organizar e supervisar as actividades relixiosas das Testemuñas de Xehová.
Participar en calquera reunión da congregación local das Testemuñas de Xehová, ou en calquera outra actividade ou proxecto de carácter voluntario.
Decidir participar en reunións ou congresos que sexan gravados e emitidos para fortalecer a fe das testemuñas de Xehová de todo o mundo.
Atender calquera responsabilidade ou tarefa na congregación.
Xestionar as tarxetas de Registro de publicador de la congregación.
Recibir atención e coidado de parte dos anciáns das Testemuñas de Xehová (Feitos 20:28; Santiago 5:14, 15).
Gardar información de contacto para casos de emerxencia.
Os datos persoais gardaranse por un período de tempo indeterminado e mentres apliquen os fins mencionados anteriormente ou outros fins lexítimos. No caso de que o publicador se negue a que se utilicen estes datos ou prefira non dar algún dato en concreto ou no caso de que o(s) pai(s) ou o titor legal dun publicador que sexa menor de idade decida non firmar o formulario de Notificación e consentimento de uso de datos persoais, as Testemuñas de Xehová non poderán avaliar as súas aptitudes para desempeñar certas responsabilidades na congregación ou participar en certas actividades relixiosas.
Cando sexa necesario ou pertinente, enviaranse os datos persoais a calquera entidade asociada ás Testemuñas de Xehová. Os publicadores entenden que algunhas entidades asociadas ás Testemuñas de Xehová poden estar situadas en países onde a lei proporciona diferentes niveis de protección de datos persoais, que non sempre coinciden co nivel de protección de datos persoais do país que envía os datos. As Testemuñas de Xehová toman as medidas necesarias para asegurar que se protexa correctamente a información que se transfira desta maneira. Estas medidas poden incluír o uso de acordos vinculantes para ese tipo de transferencias. Tódolos destinatarios que sexan testemuñas de Xehová tratarán a información persoal dos publicadores conforme á Política global de protección de datos persoais das Testemuñas de Xehová.
Os publicadores teñen dereito a solicitar o acceso, rectificación, cancelación e oposición do uso dos seus datos persoais almacenados polas Testemuñas de Xehová. Se os publicadores dan o seu consentimento para que se usen os seus datos persoais para outras actividades, poden retiralo en calquera momento en relación a outros usos futuros dos seus datos persoais. Se un publicador retira o seu consentimento ó uso dos seus datos persoais, oponse ó seu uso ou solicita que se limite ou cancele o uso dos seus datos, as Testemuñas de Xehová poden estar igualmente obrigadas a usar algúns destes datos persoais sen o consentimento do publicador, de acordo cos lexítimos propósitos relixiosos ou conforme a calquera base legal contemplada na Lei de Protección de Datos. Os publicadores están informados do seu dereito a presentar unha reclamación diante das autoridades locais de protección de datos no país onde actualmente residen.
As Testemuñas de Xehová adoptaron diversas medidas de seguridade en forma de procedementos e tecnoloxías conforme á Lei de Protección de Datos a fin de protexer os datos persoais. Os publicadores entenden que só un número limitado de persoas autorizadas accederá ós seus datos persoais para cumprir cos fins detallados neste documento.
Calquera solicitude de información ó delegado de protección de datos, debe enviarse por correo electrónico ó seguinte enderezo:
DataProtectionOfficer.UG@jw.org
Os publicadores entenden que a identidade e a información de contacto do xestor de datos do país onde residen, do seu representante e delegado de protección de datos persoais, pode atoparse na páxina de Contactos de Protección de datos de jw.org.
As nosas prácticas de protección de datos poden sufrir modificacións en calquera momento debido a cambios nas nosas actividades relixiosas, na lei ou na tecnoloxía que utilizamos. Cando sexa necesario modificar a sección de Uso de datos persoais, publicaremos os cambios nesta páxina web a fin de que os publicadores sempre estean informados acerca dos datos que recompilamos e do uso que lles damos. Consulta esta páxina con regularidade para estar ó tanto dos cambios.