Ir ó contido

A BIBLIA CAMBIOULLES A VIDA

Atoparon a perla de gran valor

Atoparon a perla de gran valor

 Xesús ensinou que o Reino de Deus solucionará tódolos problemas da humanidade (Mateo 6:10). En Mateo 13:44-46, utilizou dúas parábolas para amosar o valor de coñecer a verdade sobre o Reino de Deus:

  •   Un home que traballaba nunha leira atopou sen querer un tesouro agochado na terra.

  •   Un tratante que viaxaba na procura das mellores perlas atopou unha de gran valor.

 Os dous homes venderon todo o que tiñan para obter o tesouro que atoparan. Estes homes representan as persoas que valoran moito o Reino de Deus e, por iso, están dispostas a facer grandes sacrificios para obter as súas bendicións (Lucas 18:29, 30). No seguinte vídeo poderás ver as experiencias de dúas persoas que son coma estes homes das parábolas de Xesús.