Ir ó contido

Axúdase ós traballadores dun hospital a loitar contra o estrés

Axúdase ós traballadores dun hospital a loitar contra o estrés

 Bryn, un irmán que vive en Carolina do Norte, nos Estados Unidos, forma parte do Comité de Relacións con Centros Hospitalarios desa zona. Estes comités colaboran cos hospitais para atender as necesidades dos pacientes que son testemuñas de Xehová.

 A causa da pandemia da COVID-19, moitos hospitais non permitían visitas. Por iso, Bryn chamou o director da asistencia relixiosa e espiritual dun dos hospitais locais, para saber como podía axudarlles ós pacientes que son testemuñas de Xehová.

 O asistente do director desa sección atendeu a chamada. Xa que non se podían facer visitas, Bryn pediulle que lle dera o seu número de teléfono ós pacientes testemuñas de Xehová, para poder falar con eles. O asistente dixo que si.

 Bryn tamén pensou no persoal do hospital. Díxolle ó asistente que apreciaba moito o labor que os traballadores do hospital estaban facendo e que esperaba que se atopasen ben. Ademais díxolle que lera como persoas por todas partes, especialmente o persoal do hospital, estaban sufrindo moito estrés a causa da pandemia.

 O asistente confirmoulle que era certo e que a situación no hospital pola COVID-19 era moi, moi estresante.

 Entón Bryn explicoulle: “A nosa páxina web contén información que pode axudarlles ás persoas a loitar contra o estrés. Se vas a jw.org e tecleas estrés no cadro de busca, atoparás varios artigos animadores para o persoal do hospital”.

 Mentres estaban a falar, o asistente entrou no noso sitio de Internet, escribiu a palabra estrés no cadro de busca e ó ver os artigos dixo: “Que interesante! Voulle ensinar isto ó director. Seguro que estes artigos poden ser útiles para o persoal e para outra xente. Vou facer copias e repartilas”.

 Unhas semanas despois, Bryn falou co director. Este home díxolle que visitaran a páxina web e que imprimiran copias dalgúns artigos relacionados co estrés. Logo, déronllos ás enfermeiras e a outros traballadores do hospital.

 Bryn dixo: “O director deume as grazas polo noso traballo e polos artigos tan ben redactados. Fóronlles moi útiles”.