Ir ó contido

Consolando a outros a pesar dos seus problemas de saúde

Consolando a outros a pesar dos seus problemas de saúde

 Clodean, unha testemuña de Xehová de Suráfrica, ingresou no hospital para someterse a unha cirurxía maior. Debido ós moitos problemas de saúde que tiña, tivo que decidir entre diferentes tratamentos. Por iso, antes e despois da operación Clodean sentiu fatiga, dor e estrés. Unhas dez semanas despois de regresar á casa, aínda non era capaz de sentarse. E por culpa da pandemia da COVID-19, tampouco podía ter visitas.

 A nosa irmá non quería compadecerse de si mesma, así que lle pediu a Deus forzas para animar a outros. Tan pronto como puido sentarse, falou coa irmá da súa veciña que xa estivera estudando a Biblia coas testemuñas de Xehová. Clodean compartiu con ela un pensamento bíblico animador que a motivou a volver a estudar. Tamén lle explicou os beneficios de asistir ás reunións cristiás e asegurouse de que a estudante se puidese conectar por videoconferencia á congregación da súa zona. A muller non só se conectou á reunión senón que tamén fixo un comentario nunha intervención por preguntas e respostas.

 Despois, Clodean falou coa irmá máis nova da súa estudante, que tamén quería comezar un curso da Biblia. Ela contoulle a Clodean que outras persoas poderían ter interese. Cal foi o resultado? A nosa irmá comezou a estudar con catro mulleres máis. Pero a súa historia non termina aquí.

Clodean

 O interese sincero de Clodean por outros, fixo que puidese empezar a estudar a Biblia con dez mulleres máis, tendo así un total de 16 cursos bíblicos durante a pandemia! Algunhas delas asisten con regularidade ás reunións cristiás por videoconferencia. Manterse ocupada axudando a outros a aprender sobre Xehová, fixo que non se centrase nos problemas que tiña. Ela sente que puido consolar a outros porque Xehová, o “Deus de toda consolación”, axudoulle coas súas probas (2 Corintios 1:3, 4).

 Que pensan os seus estudantes sobre o que aprenderon? Unha delas di: “Beneficioume de moitas maneiras. Pero o mellor de todo foi aprender o nome de Deus, pois axudoume a estar máis cerca de Xehová”. Que foi da primeira muller coa que Clodean contactou? Está desexando bautizarse. Estas experiencias déronlle á nosa irmá moita alegría. Ademais, xa se recuperou moi ben da súa cirurxía.