Evitan as testemuñas de Xehová o contacto cos que xa non pertencen á súa relixión?
Non deixamos de tratar cos que se bautizaron como testemuñas de Xehová pero que deixaron de predicar e de reunirse con nós. De feito, esforzámonos por reavivar a súa fe.
Tampouco expulsamos automaticamente a quen comete un pecado grave. Non obstante, se unha testemuña de Xehová bautizada ten o costume de infrinxir o código moral da Biblia e non se arrepinte debe ser expulsada, e a partir dese momento si evitamos o contacto con ela. A Biblia manda: “Botádeme o perverso do medio de vós” (1a Corintios 5:13).
Que pasaría se un home é expulsado pero a súa muller e fillos seguen sendo testemuñas de Xehová? Aínda que a súa relación cambiou dende un punto de vista relixioso, os lazos familiares mantéñense, así que a relación do matrimonio e cos fillos segue a ser a mesma.
Quen foi expulsado pode asistir ás nosas reunións. E se o desexa, pode acudir ós anciáns da congregación para recibir axuda espiritual co obxectivo de volver a ser testemuña de Xehová. Poden volver ser parte da congregación todos aqueles que foron expulsados sempre que se arrepintan das súas malas prácticas e demostren sinceramente que desexan vivir segundo as normas da Biblia.