Dividen as testemuñas de Xehová ás familias ou únenas?
As testemuñas de Xehová esforzámonos para que tanto as nosas familias coma as dos demais estean unidas, xa que respectamos moito a Deus como creador da familia (Xénese 2:21-24; Efesios 3:14, 15). Na Biblia aprendemos principios que teñen axudado a moitas persoas arredor do mundo a ter familias unidas e felices.
Como promoven a felicidade na familia as testemuñas de Xehová?
Esforzámonos ó máximo por seguir os consellos que aparecen na Biblia, xa que nos axudan a ser mellores pais, maridos e mulleres (Proverbios 31:10-31; Efesios 5:22–6:4; 1a Timoteo 5:8). Estes consellos tamén axudan ás familias nas que algún dos seus membros non comparte as crenzas dos outros (1a Pedro 3:1, 2). Vexamos o que comentan algunhas persoas despois de que a súa parella se fixese testemuña de Xehová:
“Os primeiros seis anos de casados non faciamos máis que discutir e sentiámonos moi frustrados. Non obstante, despois de facerse testemuña de Xehová, Ivete volveuse máis cariñosa e paciente. Os cambios que fixo salvaron o noso matrimonio” (Clauir, do Brasil)
“Cando o meu home, Chansa, comezou a estudar a Biblia coas testemuñas de Xehová, opúxenme moito xa que pensaba que dividían as familias. Pero co paso do tempo decateime de que en realidade foi a Biblia a que axudou ó noso matrimonio” (Agness, de Zambia).
Cando predicamos tratamos de mostrarlles ós nosos veciños que os consellos da Biblia poden axudarlles a:
Provoca conflitos que un dos cónxuxes se faga testemuña de Xehová?
Hai que recoñecer que ás veces si. Por exemplo, un informe de 1998 da empresa de investigación Sofres descubriu que un de cada vinte matrimonios nos que un dos cónxuxes se fixo testemuña de Xehová tivo problemas graves cando se converteu a esta relixión.
Xesús predixo que os seus seguidores se enfrontarían a problemas na familia de vez en cando (Mateo 10:32-36). O historiador Will Durant sinalou que, baixo o Imperio Romano, “o cristianismo cargou coa culpa de dividir os fogares”. a Hoxe en día, algunhas testemuñas de Xehová enfróntanse a esta mesma acusación. Significa iso que a culpa dos problemas a ten a testemuña de Xehová?
Pronunciándose sobre a acusación de que as testemuñas de Xehová dividen as familias, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos declarou que os membros das familias que non son testemuñas de Xehová a miúdo causan conflitos por non “aceptar e respectar a liberdade que tiña o seu familiar de profesar e practicar a súa relixión”. Este tribunal engadiu: “Esta situación é común entre tódalas familias que non comparten a mesma relixión; as testemuñas de Xehová non son a excepción”. b Pero incluso cando teñen que enfrontarse á intolerancia relixiosa, as testemuñas de Xehová esfórzanse por seguir este consello da Biblia: “Non volvades mal por mal a ninguén. [...] No posible, en canto dependa de vós, mantede a paz con tódolos homes” (Romanos 12:17, 18).
Por que creen as testemuñas de Xehová que só deben casarse con persoas da súa relixión?
As testemuñas de Xehová seguimos o mandato bíblico de casar só “cun cristián” que comparta a nosa fe (1a Corintios 7:39). Este mandato que atopamos na Biblia é práctico. Por exemplo, un artigo da revista Journal of Marriage do ano 2010 mencionou que “as parellas nas que ambos membros comparten a mesma relixión e crenzas” en xeral lévanse mellor. c
Non obstante, as testemuñas de Xehová non animamos a ninguén a separarse do seu cónxuxe se este non é testemuña de Xehová. A Biblia indica: “Se un irmán ten unha muller que non cre, pero que consente en vivir con el, que non a bote. E se unha muller ten un home que non cre, pero que consente en vivir con ela, que non o bote” (1a Corintios 7:12, 13). As testemuñas de Xehová tamén obedecemos este mandato.