Ir ó contido

Por que visitan as testemuñas de Xehová a xente que xa ten unha relixión?

Por que visitan as testemuñas de Xehová a xente que xa ten unha relixión?

 Decatámonos de que a moita xente que xa ten unha relixión lle gusta falar de temas bíblicos. Evidentemente respectamos o dereito de cada persoa a ter crenzas diferentes ás nosas, e non forzamos a ninguén a crer o mesmo ca nós.

 Sempre que falamos de relixión esforzámonos por seguir o consello bíblico de facelo “con bo xeito e con respecto” (1 Pedro 3:16 [3:15, NM]). Sabemos que non todos aceptarán a mensaxe que levamos (Mateo 10:14). Pero non podemos saber como vai reaccionar a xente ata que falemos con ela. Tamén temos en conta que as persoas poden cambiar de parecer.

 Por exemplo, poida que un día alguén estea moi ocupado para pararse a falar con nós, pero non teña ningún problema para facelo outro día. Tamén é posible que as persoas que se atopen con novos problemas e situacións ós que facer fronte se interesen na mensaxe da Biblia. Por todo isto esforzámonos por falar coas persoas en máis dunha ocasión.