Teñen as Testemuñas de Xehová un clero asalariado?
Seguindo o modelo que instituiu o cristianismo do primeiro século, as Testemuñas de Xehová non dividen entre clero e laicos. Tódalas testemuñas de Xehová bautizadas son ministros que predican e ensinan a Biblia. As testemuñas de Xehová están organizadas en congregacións de cen persoas aproximadamente. En cada unha delas hai homes con experiencia no estudo e na aplicación dos consellos bíblicos que serven como “responsables”, ou anciáns (Tito 1:5). Fan este labor sen cobrar nada.