Teño que facerme testemuña de Xehová se acepto un curso da Biblia?
Non, non te compromete a nada. Millóns de persoas estudan a Biblia con nós e non se fan testemuñas de Xehová. a O obxectivo dos nosos cursos bíblicos é explicar o que ensina a Biblia. Como a fe é unha cousa persoal, ti decides o que facer co que aprendes (Xosué 24:15).
Podo usar a miña propia Biblia durante o curso?
Por suposto. Nós usamos a Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras, que está dispoñible en moitos idiomas, e podemos darche un exemplar gratuíto se o desexas. Pero se o prefires, podes usar a túa propia Biblia. A mensaxe de esperanza e salvación da Biblia pode aprenderse con case calquera tradución.
Por que impartides cursos a xente que non se fai testemuña de Xehová?
A razón principal é o noso amor a Deus. El quere que os cristiáns ensinen a outros o que aprenden (Mateo 22:37, 38; 28:19, 20). Pensamos que non hai nada mellor que colaborar con Deus axudando a outras persoas a aprender o que ensina a Biblia (1 Corintios 3:6-9).
Tamén o facemos por amor ó próximo (Mateo 22:39). Encántanos compartir con outras persoas as cousas marabillosas que aprendemos (Feitos 20:35).
a Por exemplo, no 2023 impartimos 7.281.212 cursos da Biblia ó mes, e a moitos deles asistiron varias persoas. Aínda así, só 269.517 se fixeron testemuñas de Xehová ese ano.