Por que non celebran o Domingo de Pascua as testemuñas de Xehová?
Ideas equivocadas sobre nós
O que se pensa. As testemuñas de Xehová non celebran o Domingo de Pascua porque non son cristiáns.
A realidade. Cremos que Xesús é o noso salvador e facemos o posible por seguir os seus pasos (1a Pedro 2:21; Lucas 2:11).
O que se pensa. Non credes que Xesús foi resucitado.
A realidade. Non só cremos na resurrección de Xesús, senón que nos parece unha ensinanza fundamental da fe cristiá, e é unha parte moi importante da mensaxe que predicamos (1a Corintios 15:3, 4, 12-15).
O que se pensa. Non vos importa que os vosos fillos non desfruten das celebracións da Pascua.
A realidade. Queremos ós nosos fillos, polo que nos esforzamos por darlles unha boa educación e por axudarlles a ser felices (Tito 2:4).
Por que as testemuñas de Xehová non celebran a Pascua?
A celebración do Domingo de Pascua non está baseada na Biblia.
Xesús mandou que se conmemorase a súa morte, non a súa resurrección. Polo tanto, celebramos cada ano a Conmemoración da súa morte na data axeitada segundo o calendario lunar usado na Biblia (Lucas 22:19, 20).
Cremos que as orixes dalgunhas das tradicións da Pascua son antigos ritos da fertilidade, polo que esta festa non é axeitada ós ollos de Xehová. Deus di del mesmo que é “celoso”, polo que se ofendería se adoptásemos prácticas que El condena (Éxodo 20:5; 1o Reis 18:21).
Tamén cremos que a nosa decisión de non celebrar a Pascua está baseada na Biblia; isto reafírmanos na nosa decisión de pensar por nós mesmos o que está ben ou mal, antes que seguir as tradicións dos homes (Proverbios 3:21; Mateo 15:3). Aínda que se alguén nos pregunta lle explicamos as nosas crenzas, respectamos o dereito que cada un ten a decidir o que quere facer (1a Pedro 3:15).