Por que as testemuñas de Xehová non chaman igrexa ó sitio onde se reúnen?
Na Biblia, o termo grego que ás veces se traduce igrexa refírese a un grupo de fieis, non ó lugar onde se reúnen.
Fíxate no seguinte exemplo. Cando o apóstolo Paulo escribiu ós cristiáns de Roma, envioulles saúdos a unha parella, Aquila e Prisca, e engadiu: “Saúdos á igrexa que se xunta na casa del” (Romanos 16:5). Paulo non mandaba saúdos a un edificio, senón ás persoas da congregación que se reunía naquela casa. a
Polo tanto, en vez de chamar igrexa ó lugar onde nos reunimos, usamos o nome Sala de Reunións.
Que ocorre nas Salas de Reunións das testemuñas de Xehová?
Por todo o mundo, moitas persoas asisten tódalas semanas ás nosas reunións.
Son locais habilitados para celebrar reunións.
Reunímonos para adorar a Xehová, o Deus que aparece na Biblia, e para dar testemuño acerca del (Isaías 42:8; 43:12).
Tamén nos reunimos para aprender acerca do Reino de Deus, do cal Xesús falou a miúdo (Mateo 6:9, 10; 24:14; Lucas 4:43).
Invitámoste a visitar a Sala de Reunións que estea máis preto da zona onde vives, e así verás por ti mesmo como son as reunións das testemuñas de Xehová.
a Hai expresións similares en 1a Corintios 16:19, Colosenses 4:15 e Filemón 2.