Ir ó contido

Son as Testemuñas de Xehová unha relixión protestante?

Son as Testemuñas de Xehová unha relixión protestante?

 Non. As testemuñas de Xehová somos cristiáns, pero non nos consideramos protestantes. Por que non?

 Defínese protestantismo como o “movemento relixioso oposto ó catolicismo romano”. E aínda que é certo que as testemuñas de Xehová non estamos de acordo con algunhas ensinanzas da relixión católica, non nos consideramos protestantes polas seguintes razóns:

  1.   Algunhas das crenzas dos protestantes están en conflito coas ensinanzas da Biblia. Por exemplo, a Biblia ensina que “hai un único Deus” e non que sexa unha trindade (1a Timoteo 2:5; Xoán 14:28). Tamén ensina que Deus castiga ós malvados, pero non no lume do inferno, senón con destrución eterna (Salmo 37:9; 2a Tesalonicenses 1:9).

  2.   Non protestamos en contra de ningunha relixión, nin tampouco pretendemos reformar a Igrexa Católica ou calquera outro grupo relixioso. Pola contra, o noso principal interese é predicar as boas noticias do Reino de Deus, tratando de axudar a outros a que poñan fe nesas boas noticias (Mateo 24:14; 28:19, 20). Non temos ningún interese en reformar outros grupos relixiosos, senón en ensinar a outras persoas a verdade sobre Deus e a Súa Palabra, a Biblia (Colosenses 1:9, 10; 2a Timoteo 2:24, 25).