Son unha seita as Testemuñas de Xehová?
Non. Somos cristiáns que facemos o posible por seguir o exemplo de Xesucristo e por vivir segundo as súas ensinanzas.
Que é unha seita?
O termo seita pode ter diferentes significados para a xente. Vexamos dous dos significados máis comúns deste termo e por que non pode calificarse de seita ás Testemuñas de Xehová.
Hai quen pensa que unha seita é unha relixión nova ou que se aparta das relixións tradicionais. As testemuñas de Xehová non inventamos unha relixión nova. De feito, seguimos o exemplo e ensinanzas dos cristiáns do primeiro século que atopamos na Biblia (2a Timoteo 3:16, 17). Cremos que só a Biblia debe ser a autoridade que marque as regras sobre como adorar a Deus.
Hai quen pensa que unha seita é un grupo perigoso que segue as ordes dun líder espiritual. As testemuñas de Xehová non temos ningún líder humano. Seguimos fielmente a norma que Xesús deu ós seus seguidores: “Un só é o voso dirixente: Cristo” (Mateo 23:10).
Lonxe de ser unha seita perigosa, a nosa relixión benefícianos a nós e mais á xente que nos rodea. Por exemplo, a mensaxe da Biblia que predicamos xa leva axudado a moitas persoas a superar adicións como o consumo de drogas e o abuso do alcohol. Ademais, organizamos cursos de alfabetización en todo o mundo, axudando así a miles de persoas a aprender a ler e escribir. Tamén socorremos ás vítimas de desastres. Esforzámonos moito por facer o ben ós demais, tal e como Xesús ensinou ós seus discípulos a facer (Mateo 5:13-16).