Axuda para que os máis novos afronten o acoso escolar
Hugo ten dez anos e unha organización benéfica inglesa acaba de darlle o premio Diana Award en recoñecemento á axuda que presta a outros rapaces da súa escola a afrontar o acoso escolar.
Hugo dixo: “Débolle este premio ó vídeo de animación Como defenderte sin dar un solo golpe. O que fixo de min un bo representante do programa contra o acoso escolar foi o que aprendín vendo este vídeo na páxina web jw.org”.
Primeiro, Hugo ensinoulles o vídeo ós seus mestres. Quedaron tan impresionados que deron acceso á páxina jw.org a tódolos alumnos do centro. Moitos dos compañeiros de Hugo, que teñen entre oito e dez anos, navegan pola nosa web con frecuencia. Comentan que, ademais de axudalos con problemas coma o do acoso escolar, tamén atopan información sobre outros temas que lles interesan, como por exemplo, como conseguir amigos verdadeiros.
Así axudamos ós máis novos
Noutro colexio británico, un neno de oito anos chamado Elijah estaba sufrindo acoso escolar. El maila súa familia viron xuntos o vídeo Como defenderte sin dar un solo golpe, e entre todos pensaron que podería dicir e facer cando se metesen con el. Isto fixo que Elijah gañase a confianza suficiente para enfrontarse con éxito ó problema. Máis tarde, durante a semana en contra do acoso escolar, o seu tutor ensinoulles o vídeo a tódolos alumnos da escola.
O acoso escolar non é un problema que exista só no Reino Unido. Sucede por todo o mundo, e este vídeo de animación está axudando a rapaces de moitos países.
Nos Estados Unidos, unha nena de dez anos de nome Ivie tíñalle medo a unha compañeira que a acosaba. Despois de ver Como defenderte sin dar un solo golpe, Ivie sentiuse con forzas para facerlle fronte á súa compañeira. Ademais falou co seu profesor, que a axudou co problema. A compañeira pediulle perdón e agora as nenas son ben levadas.
As testemuñas de Xehová interesámonos polo benestar dos máis novos. Seguiremos publicando información práctica que sen dúbida lles axudará a enfrontarse ós problemas propios do seu día a día, tales como o acoso escolar.