As testemuñas de Xehová colaboran na limpeza da cidade rusa de Rostov do Don
O 20 de maio de 2015 o xefe da administración de Rostov do Don, a cidade máis grande do sur de Rusia, dirixiu unha carta de agradecemento ás Testemuñas de Xehová “pola súa activa participación na mellora do aspecto da cidade esta primavera”.
Durante as tarefas de limpeza organizadas pola comunidade, testemuñas de Xehová de catro congregacións recolleron lixo e outros residuos que se acumularan nas beirarrúas e na marxe do río da cidade. En poucas horas encheron unhas 300 bolsas de lixo, que despois foron transportadas en camións.
Por que querían axudar á comunidade? Raisa, de 67 anos di: “Non podo quedar indiferente. Quero que a miña cidade estea limpa para que a xente viva en nun entorno saudable. Aínda que só uns poucos saiban do que fixemos, eu desfruto deste traballo, porque sei que Xehová o ve”. Aleksander engade: “Non só lles predicamos ás persoas, tamén realizamos servizos a favor da comunidade. Sinto felicidade e satisfacción cando podo facer algo polos meus veciños.
Os observadores decatáronse do entusiasmo das testemuñas de Xehová. Un veciño sorprendeuse ó saber que non lles pagaban por esta tarefa. Decidiu unirse ás tarefas de limpeza, e despois comentou: “Nunca imaxinara que desfrutaría limpando e que me faría sentir tan ben”. E engadiu: “Algúns de vós nin sequera vivides aquí, pero aínda así viñestes axudar coa limpeza”.
Un funcionario da cidade decatouse de que un grupiño de testemuñas de Xehová recollera unha cantidade moi grande de lixo. Fíxolles unha foto ó lado das bolsas que encheran para poder “ensinarlles a outros como se debe facer o traballo”.