Recoñecen a axuda que prestan as testemuñas de Xehová nun centro de detención
O Centro de Detención para Inmigrantes de Curtin, un dos máis grandes de Australia e situado preto de Derby, no oeste do país, otorgou diplomas a nove testemuñas de Xehová en recoñecemento á “extraordinaria labor” que realizan. a
Tódalas semanas, as testemuñas de Xehová visitan os detidos para escoitar as súas experiencias e para compartir con eles a mensaxe da Biblia, que dá consolo e esperanza. “O efecto que estas visitas teñen nos detidos enseguida se nota”, afirmou Christopher Riddoch, o funcionario do centro que serve de enlace coas organizacións relixiosas e culturais. Explicou que o estado de ánimo dos detidos mellora e que están máis contentos tralas visitas. Tamén comentou que, grazas ás mesmas, estes homes “saben que hai xente que de verdade se preocupa polo seu benestar”.
O señor Riddoch dixo que o diploma que entregaron ás testemuñas de Xehová non é máis que un pequeno xesto de agradecemento por, nas súas palabras, “mellorar as vidas das persoas que temos ó noso coidado”. E engadiu que estas testemuñas de Xehová “son un motivo de orgullo para as súas familas, as súas congregacións e a súa relixión”.
a Estas instalacións poden acoller ata 1500 persoas.