Axudamos os xordos da “Esmeralda do Ecuador”
Millóns de xordos viven na “Esmeralda do Ecuador”, nome poético co que se coñece a Indonesia. Para axudar a estas persoas coa esperanza que dá a Biblia, as testemuñas de Xehová temos publicacións e programas de ensino en linguaxe de signos indonesia. Todos estes esforzos non pasan desapercibidos.
Un congreso en linguaxe de signos
En 2016, en Medan, no norte de Sumatra, as Testemuñas de Xehová celebramos un congreso en linguaxe de signos indonesia. Un alto funcionario de seguridade da rexión asistiu a este congreso e felicitou as testemuñas de Xehová polo programa educativo gratuíto. Estaba tan abraiado polo que viu que ata tratou de cantar cos asistentes, imitando os xestos que estes facían.
O congreso “foi un éxito e celebrouse sen incidentes”, dixo o encargado das instalacións. E engadiu: “Espero que as Testemuñas de Xehová continúen organizando actividades coma estas”. Este encargado explicou que cando o dono das instalacións soubo que o congreso sería para persoas xordas quixo colaborar coas testemuñas de Xehová, así que lle encargou que trouxese de xantar para os trescentos asistentes.
Agradecen os vídeos en linguaxe de signos
As testemuñas de Xehová tamén visitamos as persoas xordas co fin de compartir con elas a mensaxe da Biblia. A miúdo mostrámoslles vídeos en linguaxe de signos indonesia que lles axudan a ter un maior sentido de logro e satisfacción.
“O labor que facedes para coidar dos xordos e mirar por eles é de admirar”, dixo Mahendra Teguh Priswanto, director adxunto da Asociación Indonesia para o Benestar dos Xordos en Semarang, Xava Central. Engadiu: “Por exemplo, o vídeo A túa familia pode ser feliz é moi práctico. É de agradecer que sigades facendo este labor.”
“Trátannos con agarimo”
Os esforzos das testemuñas de Xehová conmoveron a Yanti, unha muller xorda. Ela explica: “Moitas veces a xente búrlase dos xordos, pero as testemuñas de Xehová trátannos con agarimo. Moitas delas sen dificultades auditivas aprenden linguaxe de signos para axudar a persoas xordas a achegarse ó Creador e mellorar as súas vidas. Impactároncheme moito os seus esforzos.”
Agora Yanti tamén é testemuña de Xehová e forma parte dun equipo de tradución que publica vídeos en linguaxe de signos indonesia. Ela di: “O que publicamos axuda a quen non domina a linguaxe de signos a mellorar a súa habilidade. Pero, por riba de todo, axuda á xente a ter vidas máis felices e con propósito.”