Ir ó contido

Galería de fotos de Gran Bretaña N.o 6 (marzo a agosto de 2018)

Galería de fotos de Gran Bretaña N.o 6 (marzo a agosto de 2018)

Nas seguintes fotografías, poderás ver os avances realizados nas obras da nova sede das Testemuñas de Xehová de Gran Bretaña entre marzo e agosto de 2018.

  1. Edificio de produción norte

  2. Edificio de produción sur

  3. Edificio de oficinas

  4. Edificio de vivendas A

  5. Edificio de vivendas B

  6. Edificio de vivendas C

  7. Edificio de vivendas D

  8. Edificio de vivendas E

  9. Edificio de vivendas F

8 de marzo de 2018. Terreos da nova sucursal

Unha muller do equipo medioambiental analiza o valor de pH da auga do estanque de retención que está preto da entrada principal. Estas probas axudan a garantir que as medidas de control dos contaminantes funcionan ben.

13 de marzo de 2018. Edificio de vivendas B

Unha muller aprende a instalar paneis de protección contra as inclemencias do tempo. As paredes exteriores están formadas por unha fachada de ladrillo, illamento e estes paneis de protección climática.

5 de abril de 2018. Edificio de produción sur

Unha apisoadora compacta a base dunha estrada para asfaltala despois. Esta sección de estrada a carón do edificio de produción sur forma parte da circunvalación do complexo da nova sucursal.

1 de maio de 2018. Edificio de oficinas

Vista aérea dende o noroeste. A recepción do edificio de oficinas estará na zona que ocupa o guindastre que se ve en primeiro plano. Á súa dereita está a base do edificio de oficinas e á esquerda os cimentos da cociña, o comedor e o auditorio. Na parte superior á dereita, podemos ver o miradoiro que se recolocou para que os visitantes teñan unha vista panorámica das obras.

9 de maio de 2018. Edificio de oficinas

Uns guindastres colocan as vigas de aceiro do teito para formar a estrutura da cociña, do comedor e do auditorio do edificio de oficinas.

14 de maio de 2018. Edificio de oficinas

Unha muller do equipo de medio ambiente supervisa as obras de escavación a carón dunha árbore. Os paisaxistas colocarán unha barreira de protección arredor da súa raizame para evitar danar a árbore. Algunhas zonas limítanse para non construír nelas e así protexer as raíces doutras árbores.

24 de maio de 2018. Edificio de vivendas E

Un paisaxista coloca céspede na beira dun camiño. As estacas manteñen a herba no seu sitio namentres as raíces non prenden.

19 de xuño de 2018. Edificio de vivendas D

Unha pintora colorea o número de identificación nos paneis decorativos do terceiro andar. No mes seguinte, os traballadores comezarán a mudarse ó edificio de vivendas D.

20 de xuño de 2018. Edificio de oficinas

Unha empresa contratada instala paneis prefabricados nas escaleiras do edificio.

26 de xuño de 2018. Edificio de oficinas

Uns instaladores de placas de xeso laminado empregan plataformas elevadoras de tesoiras para colocar a estrutura metálica da parede do corredor. Á dereita hai un elevador que emprega o equipo de mecánica para instalar o sistema de climatización.

10 de xullo de 2018. Edificio de oficinas

Unhas traballadoras do equipo de mecánica colocan abrazadeiras para cinguir os tubos debaixo da recepción do edificio de oficinas.

10 de xullo de 2018. Edificios de produción

Uns traballadores colocan unha canle de drenaxe entre os edificios de produción norte e sur.

17 de xullo de 2018. Edificio de oficinas

Unha empresa contratada coloca a derradeira sección do parapeto do teito do comedor. O soportal inferior leva ó edificio de vivendas A.

19 de xullo de 2018. Edificio de produción sur

Uns guindastres colocan as tesoiras de aceiro deste edificio que albergará talleres e oficinas.

2 de agosto de 2018. Terreos da nova sucursal

Vista aérea dende o noroeste. Na parte central á dereita, vese o edificio de produción sur, no que xa está completa a estrutura de aceiro e están a instalar as paredes exteriores. En primeiro plano vense as obras do edificio de produción norte. Xa está botado o asfalto do chan a carón deste edificio. No centro á esquerda, están o complexo de oficinas, e detrás os edificios de vivendas.

3 de agosto de 2018. Edificios de vivendas

Vista aérea dende o leste, ó amencer. En primeiro plano vense xa rematados os edificios de vivendas D, E e F. Está previsto rematar o edificio de vivendas C en outubro.

7 de agosto de 2018. Edificio de oficinas

Uns traballadores constrúen unha parede arredor do estanque con pedras calcarias. Esta será unha bonita entrada ó complexo de oficinas, que se pode entrever ó fondo tralas árbores.

7 de agosto de 2018. Edificio de oficinas

Uns traballadores colocan a iluminación e o sistema de climatización. Esta oficina habilitouse para organizar e coordinar os traballos dos diferentes equipos.

21 de agosto de 2018. Edificio de oficinas

Uns traballadores colocan os paneis de formigón no edificio de oficinas. O emprego destes paneis prefabricados permitiu acelerar a construción e rematar a estrutura exterior deste edificio a finais de agosto. As grandes fiestras deixan que entre moita luz natural nas oficinas. As fiestras colócanse máis preto do interior e non na liña da fachada para minimizar a calor no verán e o resplandor da luz solar no inverno, cando o sol está máis baixo no horizonte.

24 de agosto de 2018. Edificio de oficinas

Dúas traballadoras preparan estruturas metálicas para ocultar o armazón da cuberta do comedor e do auditorio. Estas paredes minimizarán o ruído cando se traballe nestas dúas estancias á vez.