Galería de fotos de Gran Bretaña N.o 4 (marzo a agosto de 2017)
Nas seguintes fotografías, poderás ver os avances realizados nas obras da nova sede das Testemuñas de Xehová en Gran Bretaña entre marzo e agosto de 2017.
28 de marzo de 2017. Terreos da nova sucursal
Cun camión grúa, un contratista descarga unha cabina que conta cun cerramento de cristal. Esta cabina está situada nunha área segura e restrinxida, e utilizarase para ver como van as obras. O centro de visitantes e as cabinas abríronse ó público en maio de 2017. Para agosto dese ano, xa se reservaran máis de 17.000 visitas guiadas á obra.
29 de marzo de 2017. Edificio de vivendas F
Os contratistas usan un guindastre para mover unha estrutura de formigón prefabricada que irá colocada no edificio de vivendas F, o primeiro edificio de vivendas que quedará rematado. Grazas ó amplo espazo entre edificios, non é preciso desmontar as estruturas para colocalas, o cal axiliza o proceso.
7 de abril de 2017. Edificios de vivendas
Estanse a construír cinco edificios de vivendas á vez. En primeiro plano, uns contratistas colocan varas de aceiro antes de botar formigón nos cimentos do edificio de vivendas B. Ó fondo á dereita, uns contratistas botan a placa de formigón na planta baixa do edificio de vivendas D. Ó fondo á esquerda, un guindastre coloca a plataforma de formigón onde irán situados o ascensor e as escaleiras do edificio de vivendas E.
19 de abril de 2017. Terreos da nova sucursal
Un membro do equipo de mecánicos elimina o material sobrante das xuntas de dúas seccións de tubo de plástico contra incendios. As seccións están unidas con calor de fusión, unha técnica que derrete o plástico e funde as dúas seccións nunha. O material sobrante retírase, e compróbase a resistencia e calidade da xunta resultante. En total, tendéronse uns 4 kms de mangueira contra incendios.
25 de abril de 2017. Edificios de vivendas
Un operario limpa un sumidoiro resistente á auga. Estes sumidoiros permiten que as estradas atravesen correntes de auga, e conducen as augas pluviais cara a áreas de evacuación deseñadas para evitar inundacións.
28 de abril de 2017. Edificio de vivendas F
Un matrimonio do equipo de arquitectura marca o lugar onde irán situadas as paredes do corredor da planta baixa.
5 de maio de 2017. Edificios de vivendas
Vista aérea cara ó leste dos cinco edificios de vivendas en construción. En setembro, xa quedaran rematadas as estruturas básicas de formigón, xa comezaran a levantarse as divisións internas do edificio de vivendas F (ó fondo á dereita), e os traballos de empastado e pintura. Ó mesmo tempo, os operarios comezaron a instalación da fachada e das fiestras do edificio de vivendas E (ó fondo á esquerda). Os edificios de vivendas B, C e D (en primeiro plano) quedaron preparados para que os equipos de arquitectura, electricidade, mecánica e andamios comecen a traballar.
18 de maio de 2017. Instalacións provisionais
Robert Luccioni, axudante do Comité de Publicación do Consello Reitor e responsable do Departamento Global de Deseño e Construción (WDC), dá unha animadora conferencia bíblica ós equipos de traballadores voluntarios. Este departamento encárgase de supervisar o deseño e construción das sucursais, co obxectivo de asegurarse de que os proxectos se efectúan de forma eficiente e económica.
25 de mayo de 2017. Terreos da nova sucursal
Uns traballadores preparan as placas de formigón dos edificios onde irán situados o equipo eléctrico, as telecomunicacións e as instalacións do gas. Á dereita, os traballadores botan formigón nos cimentos da barreira acústica coa que contarán estes edificios a fin de reducir o ruído que emiten os equipos que albergarán.
7 de xuño de 2017. Edificio de vivendas E
Un equipo do departamento de arquitectura consulta os planos antes de facer as marcas no piso onde irán colocados os perfís de aceiro.
13 de xuño de 2017. Edificio de vivendas F
Un operario coloca perfís de aceiro onde irá situada a fachada.
22 de xuño de 2017. Edificio de vivendas E
Colocación de andamios arredor do edificio de vivendas E para facilitar o acceso dos traballadores ás paredes da fachada.
11 de xullo de 2017. Edificio de vivendas F
Unha traballadora aplica un revestimento especial para protexer as ventás que se acaban de instalar. Cando seca, este revestimento convértese nunha película plástica que evita posibles danos durante a construción. Retirarase cando deixe de ser necesario.
13 de xullo de 2017. Edificio de vivendas F
O equipo de mecánicos realiza probas de presión no sistema de calefacción por fío radiante que vai colocado no piso. Unha vez axustado, bótase a capa final de formigón por riba dos tubos.
19 de xullo de 2017. Terreos da nova sucursal
Un xardineiro corta unha sección de céspede con flores silvestres nunha rotonda situada fóra da entrada principal da sucursal. O céspede evita que crezan malas herbas, aforrando tempo e traballo de mantemento nesta área, situada a carón dunha estrada con moito tráfico.
1 de agosto de 2017. Edificio de oficinas
Un topógrafo utiliza un dispositivo GPS para marcar o lugar onde irá situada a entrada ós edificios de oficinas. Primeiro crava unha vara no chan, e despois fai unha marca con pintura para que o lugar sexa facilmente visible. Esta parte do complexo albergará unha cociña e unha zona que servirá de comedor e auditorio. Ó fondo, vista dos edificios de vivendas.
8 de agosto de 2017. Edificio de vivendas
Un matrimonio prepara o encofrado de formigón da cámara de control que forma parte do sistema de drenaxe de augas pluviais. Ó fondo, os edificios de vivendas E e F recubertos cuns plásticos. Deste xeito, sen importar as condicións climáticas, créase un entorno de traballo axeitado durante os meses de inverno.
9 de agosto de 2017. Terreos da nova sucursal
Un traballador ensínalle a outro como usar un sistema de elevación por baleiro. Este dispositivo emprégase para transportar e instalar bloques duns 70 kgs de peso. Cando os bloques están colocados, fíxanse con formigón.
16 de agosto de 2017. Terreos da nova sucursal
Un operario mantén o tubo da auga no ángulo correcto mentres o colocan na súa posición final. Para o subministro de auga da nova sucursal precísanse uns 5 kms de tubaxe.
22 de agosto de 2017. Edificio de vivendas E
Un membro do equipo de exteriores corta ladrillos cunha serra eléctrica. Con estas metades, créase un aparello de ladrillo a modo decorativo coñecido como flamenco. Irá colocado como remate dos edificios de vivendas. Para o revestimento dos edificios de vivendas usaranse máis de trescentos mil ladrillos.