Galería de fotos de Gran Bretaña N.o 2 (setembro de 2015 a agosto de 2016)
As Testemuñas de Xehová de Gran Bretaña están trasladando a súa sucursal de Mill Hill (Londres) a uns setenta quilómetros ó leste, preto da cidade de Chelmsford (Essex). Nesta galería de imaxes poderás ver os avances nas obras da nova sucursal dende setembro de 2015 a agosto de 2016.
29 de outubro de 2015. Instalacións provisionais
Uns traballadores botan formigón diante dun garaxe onde se almacenará a maquinaria de construción.
9 de decembro de 2015. Instalacións provisionais
Uns contratistas colocan os paneis do tellado no edificio que albergará as oficinas e o comedor durante as obras.
18 de xaneiro de 2016. Instalacións provisionais
Na entrada principal, un traballador manexa unha escavadora que leva colocada unha cizalla para cortar algunhas árbores previamente seleccionadas. Primeiro engancha a árbore, a continuación córtalle o tronco, e despois colócao á beira do camiño. Para compensar esta tala, plantaranse miles de árbores antes da fin do proxecto.
31 de marzo de 2016. Terreos da nova sucursal
Uns traballadores retiran materiais que o anterior dono deixou na propiedade. Deste xeito, a terra pódese limpar e volver utilizar.
14 de abril de 2016. Zona da obra
Uns traballadores colocan unhas casetas provisionais cun guindastre. Estas casetas albergarán instalacións auxiliares e oficinas para o equipo de construción permanente e os contratistas.
5 de maio de 2016. Terreos da nova sucursal
Uns traballadores clasifican distintos materiais en varios contedores para reciclar. O obxectivo do Comité do Proxecto era darlle un novo uso ó 95% dos residuos non perigosos. Este obxectivo superouse. Ademais, o 89% dos cascotes procedentes da demolición, tales como ladrillos, formigón e madeira, usaranse noutras partes da obra.
23 de maio de 2016. Instalacións provisionais
Un membro do equipo bota terra nunha gabia. Os condutos que se instalarán nestas gabias empregaranse para o abastecemento das vivendas provisionais.
26 de maio de 2016. Terreos da nova sucursal
Un profesional contratado recolle mostras de terra. As mostras analízanse para determinar se a terra pode utilizarse na construción de estradas arredor do complexo.
31 de maio de 2016. Imaxe do futuro complexo
O 31 de maio de 2016, o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová aprobou este deseño. Coa aprobación do Consello Reitor e mailos permisos iniciais concedidos polas autoridades locais, a obra xa pode comezar.
16 de xuño de 2016. Zona da obra
Uns traballadores eliminan residuos da terra da obra para aproveitala noutras partes. Esta tarefa elimina os custos de extraer a terra e encher o sitio con material novo.
20 de xuño de 2016. Zona da obra
Os traballadores despexan a zona onde se construirá a vía de acceso á entrada principal. Malia que foi un mes especialmente chuvioso e parte da zona se converteu nunha lameira, os traballos non se detiveron.
18 de xullo de 2016. Instalacións provisionais
Botan auga nas estradas para que non se levante po. Manter limpa a obra forma parte do código de boas prácticas da asociación de construtores Considerate Constructors Scheme, na cal se inscribiu o Comité do Proxecto para cumprir coas directrices locais. As normas desta asociación están en liña cos consellos da Biblia sobre a importancia de sermos respectuosos e considerados cos demais.
18 de xullo de 2016. Instalacións provisionais
Unha traballadora do metal corta varas metálicas das que irán pendurados os tubos do aire acondicionado.
22 de xullo de 2016. Zona da obra
Uns traballadores separan 20.000 metros cúbicos de terra mesturada con residuos. Como se ve no centro da imaxe, primeiro botan a terra nun contedor. A continuación, cunhas redes metálicas de diversas medidas, separan os materiais da terra, que vai quedando no fondo. A terra e os materiais extraídos van por distintas cintas transportadoras e caen nuns camións basculantes.
22 de xullo de 2016. Zona da obra
Uns contratistas removen grandes cantidades de terra para nivelar o terreo onde se construirán os edificios de acordo coas especificacións do proxecto.
18 de agosto de 2016. Zona da obra
No centro da imaxe, uns contratistas terminan de nivelar o terreo. Deste xeito, poderá dar comezo a cimentación dos edificios de vivendas. Ó fondo á esquerda, as vivendas provisionais xa rematadas, con capacidade para albergar 118 traballadores.