Salas de Reunións para un millón de testemuñas de Xehová
Entre 1999 e 2015, as Testemuñas de Xehová construíron unhas cinco mil salas de reunións en América central a e México. Aínda así, seguen facendo falta unhas setecentas máis para acomodar a tódalas testemuñas e outros asistentes da zona, que ascenden a mais de un millón.
No pasado, para as congregacións desta parte do mundo non era doado construír as súas propias salas de reunións. Por exemplo, en México a maioría usaban casas particulares. Unha das razóns era que durante moitos anos a lei non lles permitía ter propiedades ás organizacións relixiosas. Porén, nos anos noventa a lei cambiou, e as Testemuñas de Xehová empezaron a edificar as súas propias salas de reunións. Aínda así, polo xeral construír cada sala levaba meses.
Acelérase o proceso
O proceso empezou a acelerarse en 1999, no momento en que os Grupos de Construción de Salas de Reunións comezaron a traballar en cooperación co novo programa de construción de salas de reunións para zonas de recursos limitados. Este programa incluía México e os sete países de América central, nos que dende 2010 a sucursal de México supervisa o traballo de construción.
Ás veces, os voluntarios de construción enfróntanse a situacións especialmente difíciles en áreas illadas. Por exemplo, en Panamá tiveron que viaxar en barco durante unhas tres horas para chegar a unha destas construcións. E no estado mexicano de Chiapas, un dos grupos de construción tivo que usar unha avioneta para levar materiais a un lugar remoto.
Beneficios de ter salas de reunións novas
Moitas veces incluso ós que non son testemuñas de Xehová encántalles ver unha sala de reunións nova na súa comunidade. Foi o caso dun home de Honduras, que comentou que antes de que construísen unha sala de reunións preto da súa casa, o propietario recibira ofertas para construír unha discoteca. Pero a el non lle gustaba a idea, así que, cando soubo que as Testemuñas de Xehová querían construír unha sala de reunións, dixo: “Que bendición!”.
En moitos sitios a xente sorpréndese da dilixencia con que se traballa. Un home de Guatemala dixo: “Na nosa cultura, as mulleres adoitan traballar na cociña, pero aquí están a facer as mesmas tarefas que os homes. Admírome de velas ensamblaren os marcos de ferro e escaiolaren as paredes. É incrible!”. Algúns veciños incluso mercaron comida e bebida para os traballadores.
A moita xente gústalle o deseño das nosas salas de reunións. En Nicaragua, un enxeñeiro díxolle ó alcalde dunha cidade que a sala de reunións das Testemuñas de Xehová era un edificio bonito e feito con materiais de primeira calidade. De feito, afirmou que era o de mellor calidade da cidade.
As propias Testemuñas de Xehová están encantadas de ter lugares de reunión tan axeitados. Mesmo se decataron de que as persoas que estudan con elas a Biblia están máis dispostas a asistir ás reunións cando se constrúe un local novo. As testemuñas de Xehová dunha congregación de México que colaboraron na construción resumiron a súa gratitude con estas palabras: “Dámoslle grazas a Xehová polo privilexio de construír unha sala de reunións que lle dea gloria e honra ó seu nome”.
a Segundo a onceava edición do Merriam-Webster Collegiate Dictionary, América central comprende as repúblicas de Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá e Belice.