Publicacións en linguas nativas americanas nun evento en Nova York
Moita xente pensa que a maioría dos nativos americanos dos Estados Unidos viven en reservas nas zonas rurais. Non obstante, máis do 70 % dos seus descendentes en realidade vive en zonas urbanas. De feito, en Nova York, a cidade máis grande dos Estados Unidos, do 5 ó 7 de xuño de 2015 tivo lugar o evento “Porta ás nacións”, na que se celebrou unha xuntanza de diferentes tribos americanas coñecida como powwow. a En canto algunhas testemuñas de Xehová da zona se enteraron, rapidamente fixeron plans para asistir. Por que razón?
As testemuñas de Xehová traducen publicacións baseadas na Biblia a centos de idiomas, incluídas moitas linguas nativas americanas, como por exemplo pés negros, dakota, hopi, mohawk, navajo, odawa e cree das chairas. Así que as testemuñas de Xehová montaron neste evento mesas e expositores que contaban con varias publicacións, entre elas, o folleto titulado You can trust the Creator (Vostede pode confiar no Creador).
A nosa páxina web tamén conta con gravacións en audio e vídeo na maioría das linguas mencionadas. Moitos visitantes achegáronse curiosos ó posto das testemuñas de Xehová, e puideron desfrutar destas gravacións no seu idioma, mentres que a maioría dos demais postos, carteis e actuacións só estaban en inglés ou en castelán.
Moitos dos asistentes ó evento quedaron impresionados, non só polo noso labor de tradución a moitas das linguas nativas americanas, senón tamén polo traballo de difusión da mensaxe da Biblia que realizamos tanto en zonas urbanas como en reservas. Despois de saber máis detalles acerca da nosa obra, un membro do persoal do evento solicitou un curso bíblico e dixo: “Estou desexando que veñades a visitarme para aprender da Biblia”.
Unha parella de nativos americanos con discapacidade auditiva achegouse a un dos expositores, pero as testemuñas de Xehová que o estaban atendendo non atoparon a forma de comunicarse con eles. Xusto nese intre chegou outra testemuña que sabía linguaxe de signos. Botou uns trinta minutos falando con eles e axudoulles a localizar un dos nosos congresos en linguaxe de signos na súa zona.
Máis de cincuenta testemuñas de Xehová participaron nesta iniciativa, e distribuíron máis de 150 publicacións durante os tres días que durou o evento.
a Segundo o antropólogo William K. Powers, un powwow moderno “é un evento social non relixioso no que, basicamente, hai xente cantando mentres outros bailan, e no que participan homes, mulleres e nenos (Ethnomusicology, setembro de 1968, páxina 354).