Unha atraente exhibición en Francia
No ano 2014, moitos dos milleiros de visitantes da Feira Internacional de Ruán (Francia) puideron desfrutar dunha atraente exhibición titulada: “A Biblia: pasado, presente e futuro”.
Nunhas pantallas planas colocadas de cara ó público reproducíase un vídeo que trataba sobre algúns manuscritos antigos da Biblia, atraendo a atención de moitos. As persoas que entraron na exhibición tamén puideron aprender que a Biblia contén consellos prácticos para a nosa vida, que é exacta cando menciona detalles históricos e científicos, e que é un libro cunha ampla distribución.
A exhibición mostraba como leva sobrevivido a Biblia ó longo do tempo e como é posible que estea dispoñible para miles de millóns de persoas en diversos formatos, tanto impresos coma electrónicos. Os visitantes tamén puideron obter un exemplar da Traducción del Nuevo Mundo, que é unha versión da Biblia editada polas Testemuñas de Xehová en máis de 120 idiomas.
Moitas das persoas que se achegaron á exposición agradeceron o esforzo das Testemuñas de Xehová por poñer a Biblia á disposición de todo o mundo. Unha traballadora social que fora á feira cun grupo de rapaces dixo: “A Biblia é parte do noso patrimonio. É unha obra vivente. Cada vez que a leo, atopo solucións ós meus problemas”.
Unha muller de sesenta anos sorprendeuse de que puidese obter unha Biblia gratis. Ela dixo: “Todos deberiamos lela. Moita falta nos fai!”.