“Toda unha proeza” en Estonia
A Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras en estoniano foi nomeada ó premio do ano ó logro lingüístico de Estonia para 2014. Dos dezaoito nomeados, obtivo o terceiro posto na votación final.
Esta nova tradución da Biblia fíxose dispoñible ó público o 8 de agosto de 2014. Foi a lingüista Kristiina Ross, do Instituto da Lingua Estoniana, quen nomeou esta tradución para o premio mencionado. Ela describiu a Traducción del Nuevo Mundo como “sinxela e agradable de ler”, e engadiu: “O traballo investido en producila ten axudado moito a mellorar no ámbito da tradución ó estoniano”. Pola súa parte, Rein Veidemann, profesor de cultura e literatura estonianas, afirmou que esta nova tradución é “toda unha proeza”.
Dende que a primeira Biblia completa en estoniano fose publicada en 1739, lévanse producido moitas outras. Entón, por que é a Traducción del Nuevo Mundo “toda unha proeza”?
Exactitude. Unha coñecida Biblia escrita en estoniano e publicada en 1988, traduce acertadamente o nome de Deus como “Jehoova” (ou Xehová) máis de 6800 veces nas Escrituras Hebreas (ou Antigo Testamento). a A Traducción del Nuevo Mundo fai iso e máis, xa que tamén usa o nome divino nas Escrituras Gregas Cristiás (ou Novo Testamento) onde hai razóns de peso para facelo.
Naturalidade. É a Traducción del Nuevo Mundo exacta e fácil de ler? Toomas Paul, un respectado tradutor da Biblia, escribiu o seguinte no periódico Eesti Kirik (Igrexa de Estonia): “Non hai dúbida de que esta tradución está escrita nun estoniano fácil de ler”. Ademais engadiu: “Podo afirmar que esta é a primeira vez que se consegue semellante obxectivo”.
A acollida dos estonianos á Traducción del Nuevo Mundo foi impresionante. Unha emisora da radio nacional de Estonia dedicoulle un programa completo de corenta minutos. Ademais, tanto cregos coma fieis puxéronse en contacto coas Testemuñas de Xehová para facerse con algúns exemplares. Mesmo unha escola de renome de Talín solicitou vinte copias para usalas nunha das súas clases. O certo é que os estonianos desfrutan moito de ler, e as Testemuñas de Xehová están encantadas de poder facilitar una tradución exacta e natural do mellor libro endexamais escrito.
a Despois de explicar como os estonianos chegaron a pronunciar o nome divino “Jehoova”, Ain Riistan, catedrático de Estudos do Novo Testamento da Universidade de Tartu, concluíu: “Creo que a palabra Jehoova é moi axeitada para os nosos días. Malia a súa orixe, leva sido [...] unha palabra cun significado moi importante e profundo por moitas xeracións, a saber: Jehoova é o nome do Deus que enviou o seu Fillo para rescatar a humanidade”.