Ir ó contido

Visitas a Betel

Invitámoste a visitar as nosas sucursais, ás que lles chamamos Betel. Nalgunhas destas poderás visitar exposicións auto guiadas.

Retómanse as visitas a Betel: En moitos países, dende o 1 de xuño de 2023 pódense visitar as nosas sucursais. Se queres máis información, por favor, ponte en contacto coa sucursal que desexas visitar. Se deches positivo nun test para a COVID-19, tes síntomas coma os dun arrefriado ou a gripe, ou estiveches con alguén que deu positivo nun test para a COVID-19, por favor, non visites Betel.

O Brasil

Información sobre as visitas

Reservar

Ver ou modificar reserva

Descarga un folleto informativo

Exposicións

A Biblia. O libro e o seu autor. Esta exposición dálle a Xehová Deus, o Autor da Biblia, a honra que merece. Ademais, destaca o tema principal da Biblia: o Reino de Deus. Os visitantes poderán ver como sobreviviu a Biblia ata a actualidade, e como Xehová preservou a súa mensaxe orixinal malia os intentos de manipulación que sufriu.

Exposición histórica. Esta exposición mostra como Xehová leva bendicindo o labor de predicar en Brasil por máis de 120 anos. Os visitantes poderán ver a recente investigación histórica que aporta novos datos sobre o comezo e o aumento da obra de predicar en Brasil malia a oposición e a persecución.

Enderezo e teléfono

Como chegar