Ir ó contido

Visitas a Betel

Invitámoste a visitar as nosas sucursais, ás que lles chamamos Betel. Nalgunhas destas poderás visitar exposicións auto guiadas.

Retómanse as visitas a Betel: En moitos países, dende o 1 de xuño de 2023 pódense visitar as nosas sucursais. Se queres máis información, por favor, ponte en contacto coa sucursal que desexas visitar. Se deches positivo nun test para a COVID-19, tes síntomas coma os dun arrefriado ou a gripe, ou estiveches con alguén que deu positivo nun test para a COVID-19, por favor, non visites Betel.

Os Estados Unidos

Nesta páxina poderás atopar:

 Información sobre as visitas

Reservar (menos de 20 persoas)

Reservar (20 persoas ou máis)

Ver ou modificar reserva

Descarga un folleto informativo sobre Warwick

Descarga un folleto informativo sobre Patterson

Descarga un folleto informativo sobre Wallkill

 Exposicións

Exposicións autoguiadas en Warwick

A Biblia e o nome divino. Nesta exposición atoparás Biblias únicas, e aprenderás como se conservou o nome de Deus nas Sagradas Escrituras malia os repetidos intentos de eliminalo. Parte desta exposición irase renovando de tanto en tanto para incluír outras Biblias, ademais de obxectos relacionados coa historia deste libro.

Un pobo para o nome de Xehová. Esta exposición fai un percorrido histórico polo legado espiritual das Testemuñas de Xehová. Verás diferentes aparellos, material gráfico e relatos en primeira persoa que demostran que Xehová foi guiando, ensinando e organizando o seu pobo para que se faga a Súa vontade.

A sede central. Unha historia de fe en acción. Esta exposición interactiva explica o labor dos distintos comités que compoñen o Consello Reitor. Este órgano directivo axuda ás testemuñas de Xehová a aplicar a guía que dá a Biblia con respecto ás reunións cristiás, a obra de facer discípulos, ter unha relación persoal con Deus e amarse uns ós outros.

Exposicións autoguiadas en Patterson

Aldea da Biblia do primeiro século. Algunha vez pensaches en como sería a vida na época de Xesús? Aquí poderás observar e incluso participar en actividades cotiás dunha aldea do primeiro século. Esta exposición axudarache a desfrutar da túa lectura da Biblia.

Moedas da Biblia do primeiro século. Poderás ver unha selección de moedas orixinais do primeiro século mencionadas nas Escrituras Gregas Cristiás. A exposición destaca detalles interesantes de cada moeda e explica como están relacionadas cos relatos bíblicos.

“Tódolos teus fillos serán ensinados por Xehová”. Esta exposición conta a historia das escolas e programas de capacitación da nosa organización. Aprende como estas escolas axudaron a moitas persoas a ser mellores mestres e anciáns de congregación.

“Defendendo e establecendo legalmente as boas noticias”. Esta exposición conta as conmovedoras historias de testemuñas de Xehová que non renunciaron á súa fe, incluso sufrindo forte oposición. Poderás ver o que a nosa organización fixo para sentar as bases legais da predicación en todo o mundo.

 Enderezo e teléfono

Warwick

Como chegar

Patterson

Como chegar

Wallkill

Como chegar