CANCIÓN 114
Teñamos paciencia
(Santiago 5:8)
-
1. Xehová é un exemplo
de gran paciencia para nós.
Hai tempo que o seu nome
non ten o merecido honor.
El nunca se impacienta,
sempre espera con amor,
buscando con cariño
a quen mostrar favor.
Moi pronto o seu gran nome
santificado quedará.
Por ser un Deus paciente,
teremos vida sen final.
-
2. Fermosa calidade
que calma o noso corazón,
protéxenos da ira,
da amargura e do rencor,
pois sempre busca noutros
o mellor que neles hai,
en días angustiosos,
daranos paz mental.
Vestirnos de paciencia
traeranos moitas bendicións,
así imitaremos
o bo exemplo do Creador.
(Ver tamén Éx. 34:14; Is. 40:28; 1 Cor. 13:4, 7; 1 Tim. 2:4.)