CANCIÓN 49
Alegrarei o corazón de Xehová
(Proverbios 27:11)
-
1. Xehová, tal como prometín,
pra ti eu sempre vou vivir.
Os teus consellos seguirei,
a diario te compracerei.
-
2. Ti deches un escravo fiel
que nutre ben a nosa fe.
Terei en conta canto di.
Así, fareite moi feliz.
-
3. Concédeme o teu poder,
axúdame a serche fiel.
Só quero alegrar, Señor,
o teu fermoso corazón.
(Ver tamén Mat. 24:45-47; Luc. 11:13; 22:42.)