CANCIÓN 61
Adiante, Testemuñas!
-
1. Firmes, valentes, os servos de Xehová
falamos das boas noticias sen parar.
O Demo intenta deternos,
pero ó lado de Deus avanzaremos.
(REFRÁN)
Adiante sen dubidar, temos que anunciar
que pronto Xesús sobre a terra reinará.
En cada lugar do planeta escoitarán
que o Reino nos dá esperanza.
-
2. Non é momento de luxos ir buscar.
Tampouco querémo-lo mundo contentar.
Limpeza moral manteremos
e xamais a Xehová renunciaremos.
(REFRÁN)
Adiante sen dubidar, temos que anunciar
que pronto Xesús sobre a terra reinará.
En cada lugar do planeta escoitarán
que o Reino nos dá esperanza.
-
3. Moitos desprezan o noso Creador,
burlóns que se negan a darlle adoración.
Louvemos a Deus ante o mundo,
o seu nome levemos con orgullo.
(REFRÁN)
Adiante sen dubidar, temos que anunciar
que pronto Xesús sobre a terra reinará.
En cada lugar do planeta escoitarán
que o Reino nos dá esperanza.
(Ver tamén Éx. 9:16; Filip. 1:7; 2 Tim. 2:3, 4; Sant. 1:27.)