Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 65

Melloremos na predicación

Melloremos na predicación

(Hebreos 6:1)

  1. 1. Melloremos na arte de predicar,

    pra dar bo testemuño do noso Deus, Xehová.

    Que a luz da verdade se poida ver

    e a outros atraer.

    Cantas cousas se poden facer!

    O importante é querer aprender.

    Pide a Deus que che axude a progresar,

    con pé firme avanzar.

  2. 2. Progresemos na arte de predicar.

    Fe, valor e confianza queremos cultivar,

    calidades precisas pra ir falar

    da verdade ós demais.

    Moita xente intenta impedir

    que as persoas nos queiran oír.

    Pero máis eficaces nos fai Xehová,

    se buscamos mellorar.

  3. 3. Avancemos na arte de predicar,

    novas habilidades

    podemos alcanzar.

    Conta sempre co espírito de Xehová,

    por el déixate guiar.

    Se ás persoas lles mostras amor,

    chegaraslles ó seu corazón.

    Se tamén lles axudas a progresar,

    vida eterna obterán!

(Ver tamén Filip. 1:27; 3:16; Heb. 10:39.)